EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Carta de amor

Quero poder dicirche as cousas que a outros non me atrevería, chorar cando esteas triste e arrimar o meu ombro e animarte como poida. Quero que loitemos polo que desexamos ser na vida, afrontar o malo e seguir para diante sen decaer e sempre apoiarnos mutuamente. Quero poder compartir as nosas ideas, soños e aspiracións na vida, poder vivir sen temores e sen decepcións. Quero e desexo poder espertar ao teu lado e poder dicirche o moito que te amo. Jasmin Naya Añón e Gema Morante García. 4 ºA ESO.