EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Verso Libre. Hugo Herrador Segade. 2º ESO

marzo 21, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Verso libre Estrofas… Todas iguais Sempre riman Pero nunca brillan. Sonetos, Cuartetos, Terceros, Liras… E que máis dá? Non debemos ser Estrofas. Debemos desencadearnos Soltarnos Liberarnos E converternos Dunha vez por todas En versos libres   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

SABES? – Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Poema de amor. Sabes? Estou desexando Volverte a ver. Sabes que non aguantaría Sen verte Máis duns días. Sabes? Eres ledicia Eres luz Na miña vida. E se non sabes isto Dígocho: Quérote. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

QUERO. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Quero un sorriso Quero collerte da man Quero pensar Que te vou namorar Quero que me alegres a vida Quero estar contigo un día Quero lembrarte Que te quero. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

AMOR ETERNO. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor eterno Hoxe xa non importan As palabras Querémonos E con iso basta. Se o mundo vai explotar Dános completamente igual Porque nos temos E entendémonos. Xa pasou o 14 de febreiro Pero sígote querendo O meu corazón actuou libremente E se decidiu quererte Por algo sería. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Condenado por amar. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

febrero 7, 2019 by ACTIVIDADES No Comments

Condenado por amar Non entendo por que Andar ás agachadas Escondido do que amas Escondido de ti. Eu xamais me esconderei Do meu amor Porque non é delito quererte Corazón. Se fora un delito quererte Estaría condenado Atado, encadeado. Se fora un delito quererte Cadea perpetua Sería  a miña sentenza. Se fora un delito quererte Eu quereríate máis. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Un amor por San Valentín. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Un amor por San Valentín Mirándote Escoitándote Sentíndote Coas ganas sempre De verte. Que es a luz Que me iluminas Es a ledicia Do meu día Es o sol De todas as miñas mañás. E non sei Se algún día Te decatarás Pero érgome Pensando en ti. Con ganas de verte outra vez Pensando que terei valor De confesar o meu amor Que non sei se fago ben Ou non. Pero sabendo Que te quero Cun único obxectivo Na miña vida Quererte Cuns ollos Que solo se fixan en ti Cunha mente Que exclusivamente Pensa en ti. En como darche un bico Antes de que digas Arrepíntome Que non paro de pensar En como te namorar. En como abrazarte En como a ti arrimarme. En como lembrarte Que te quero. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Pensando en ti. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

febrero 2, 2019 by ACTIVIDADES No Comments

Pensando en ti. Collo o bolígrafo Póñome a escribir E todos os meus pensamentos Céntranse en ti E ás veces creo Que a ti Che pasa o mesmo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor extraterrestre. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor extraterrestre O noso é doutro planeta Hoxe chámase Venus E mañá chamarase Marte Conectámonos por telepatía E sorrimos Ao ver ó outro sorrir. Estamos conectados E antes de cruzarnos Xa soubemos Que nos iamos encontrar O noso foi un amor A primeira vista Con medo de vernos E non volvernos A cruzar Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Medo, a súa historia. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

enero 31, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Medo, a súa historia. Ás veces síntome triste, a xente non me ve tal e como son (ou creo ser) . Estiven na pel de practicamente todo, e aínda non sei quen son. A maioría da xente, ao verme foxe de min e non entendo por que (supoño que será o instinto humano). Chámanme e logo escapan. Nin me imaxino como se sente miña irmá: a Fobia; e meu pai: o Terror. Gustaríame coñecer a miña nai, aínda que ela, desgraciadamente, foise ó ceo durante o meu nacemento. Morte era amigo do meu pai e dixéralle que era probábel que tivera que ir a por ela naquel intre, mais meu pai non o creu, e ocorreu a traxedia. Miña nai, segundo todas as persoas que a coñecían, era unha muller fantástica, chamábase Ledicia, gustáballe escribir e tocar o piano. Eu seguín a súa pista, até que Morte veu por min, entón soltei o bolígrafo… Esta vez para sempre.   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Poesía do medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Sombra gris que me acompañas Que me axudas Aínda que me distraias Que non es perfecto Pero es un bo sentimento Que tivemos os nosos máis E os nosos menos Grazas a ti Meu amor non perdín Máis teño medo a perdelo MEDO Ti axúdasme Aínda que nunca pense en ti Axudáchesme a salvarme Aínda que poida resultar frustante Que sempre me acompañes Es o medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.