EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A Visita

Don Xulio volvía a casa despois de facer a compra. Cargaba en bolsas os suministros mínimos para sobrevivir, xa que as súas dores de espalda crónicas e a ausencia de ascensor no seu edificio facían imposible a viaxe se levaba máis peso. Entrou no portal e mirou se tiña correo. Efectivamente, había unha carta dun amigo seu de Madrid, co que estaba xogando unha partida de xadrez por correspondencia. Entre a morte da súa muller e a xubilación quedoulle moito tempo libre. Meteu a carta nunha das bolsas e subiu polas escaleiras con moito esforzo pese a estar acostumado. Cando chegou á súa porta deixou as bolsas no chan e colleu as chaves do peto da súa chaqueta. Entón abriuna, meteu as bolsas e pechou con el dentro do piso. Foi directo á cociña para gardar a compra. Logo de rematar a tarefa doméstica, foi ate o salón para ver as noticias do mediodía. Para a súa sorpresa, atopou a unha rapaza sentada no sofá. Resultáballe moi familiar o seu rostro. Decatárase ao instante da identidade dela, pero pola súa saúde mental esperaba equivocarse. Ola Xulio!- dixo a rapaza. Don Xulio quedara sen fala. Tiña que ser unha alucinación ou un soño [...]