EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A casa do Bosque

Hai uns anos, unha rapaza chamada Carme quitouse a vida. Ela atopábase na súa habitación e tiña certos problema. No fogar  no que vivía cos seus pais atopábase no medio dun bosque. Co paso do tempo os pais morreron, entón a casa púxose á venda. Ata o día de hoxe ningúen a quería, porque a xente que vivía na vila máis cercana non se atrevía a comprala, xa que se dicía que na casa seguía a alma da rapaza, nin tan sequera ían andar por aqueles camiños que están ao lado. Un día un veciño que pasaba por alí, fixouse que xa non tiña o letreiro da venda. Compráraa un matrimonio cun fillo. Eles non sabían nada do da rapaza. Comezáronse a instalar, o rapaz, Nico, escolleu a súa habitación e xusto era na que Carme suicidara. Cando o rapaz comezou as clases no instituto, algúns compañeiros preguntábanlle: -En que casa vives? -Eu vivo na casa que se atopa no bosque- dixo Nico. Todos os rapaces quedaron con cara de asombrados. -Pero ti sabes o desa casa?-díxolle un compañeiro. -Non, e logo que ten? -Nesa casa dise que se atopa a alma da rapaza que se quitou a vida xa fai uns anos. [...]