EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

A máis fermosa historia

Esta é unha fermosa historia que é capaz de transcender o tempo. Nalgún lugar, nalgún tempo, dous amantes víanse na beira dun pequeno rego xunto a un salgueiro. Bastan un par de minutos para esquecer as dores do día a día. Era o seu lugar, lugar do seu pecado, lugar do seu eterno segredo. Cruces de discretas miradas, fugaces sorrisos, palabras ocultas. No lugar ela era a máis fermosa rosa do xardín, el a espiña máis daniña. Aciaga sorte. Un terceiro oído decatouse do fermoso segredo, a moza sería del. Próximo encontro, ela corre, ela chora. Baixo o salgueiro, lúgubre vista. Lágrimas caen. El non respira. Horas máis tarde, ela non vive.