EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Carta de amor a miña nai

Querida mamá:
En primeiro lugar, quería darche as grazas por todo o que fas por min e o que fixeches, porque sei que nunca che dou as grazas por nada. Grazas por coidarme e criarme como o fixeches. Grazas pola túa excelencia como nai. Son unha gran persoa, cun corazón enorme coma ti, porque ti fuches a que me ensinou a querer, a coidar os meus, a portarme ben con todo o mundo, a non deixar que unha persoa que sexa mala influencia me magoe a min, a valerme porque, como dis ti, vallo moito, por todo e moito máis. Como cada noite, cando era pequena, levantarte a mirar que me pasaba se choraba, coidarme cando estaba mal, etc.. Moitísimas grazas polo que me compras e por todo o que nos dás a min e ao meu irmán. Grazas por facer o posible para que esteamos ben.

Ámote mamá.

Arianna Ippolito López.