EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0108

TÍRALLE DA LINGUA. PREMIOS FASE PREVIA.

14 – 11 -2019 A semana pasada tivo lugar no salón de actos do Murguía a fase previa do concurso de relatos orais, TÍRALLE DA LINGUA, no que houbo un nivel altísimo nos competidores  e competidoras, ós que felicitamos polas súas soberbias actuacións. Foi moi complicado elixir os gañadores deste ano, que nos representarán ademais na fase final a celebrar proximamente en Santiago de Compostela. Despois dunha dura deliberación o xurado elixiu como vencedora a Laura Canedo (3º E ESO); e como segundas clasificadas a Carolina Castro (1º B ESO) e Julia Meléndez (1º H ESO). Parabéns ás vencedoras e tamén a tod@s @s participantes, que nos deleitaron cos seus fermosos relatos orais!!! Moita sorte para a fase final de Santiago!!!    

CSC_0083

MEDO ME DÁS! ENTREGA DE PREMIOS.

O venres, 8 de novembro, celebramos no salón de actos do instituto a fase previa do concurso de relatos orais Tiralle da Lingua. Feito que aproveitamos para facer entrega do premio MEDO ME DÁS!  a Álvaro Fuentes Campaña, alumno de 2º ESO G , que foi o vencedor coa obra Unha fría noite de inverno. Trátase dun excelente texto de terror situado no medievo, perfectamente documentado, e que foi elixido por unanimidade, polo xurado do certame, como o mellor dos presentados. Temos que dicir que o nivel foi moi alto, de xeito que felicitamos tamén a todos e todas as participantes polos seus magníficos relatos. Convidámosvos a que sigades participando nos vindeiros certames, dos que vos iremos informando proximamente. Parabéns a Álvaro e tod@s @s participantes!!

DSC_0341

O ALUMNADO DE 4º ESO NA RAG / CASA MUSEO EMILIA PARDO BAZÁN.

noviembre 4, 2019 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

4-11-2019 No IES Manuel Murguía de Arteixo temos por costume achegarnos cada ano á cidade vella da Coruña, para facer unha visita obrigada á RAG e á Casa Museo Emilia Pardo Bazán, dous lugares imprescindibles que queremos que todo estudante do noso centro teña a oportunidade de coñecer. Ademais, sempre aproveitamos para percorrer as históricas rúas da cidade Herculina e ensinarlles inmobles e lugares de interese, que ás veces pasan desapercibidos ó viandante e que serven de mostra da enorme riqueza cultural que agocha esta cidade. Falamos de enclaves como o monumento a Curros, a antiga sede da revista Alfar e da editorial Nós, a casa onde viviu e morreu Manuel Murguía e a súa filla Gala, o lugar onde expuxo as súas primeiras obras Picasso, as Irmandades da Fala, o lugar onde morreu Sir John Moore e tamén o monumento homenaxe a este persoeiro, as casas onde viviron Rosalía de Castro, Juana de Vega e Francisca Herrera… O tempo, como é costume, non acompañou, pero pensamos que a saída pagou a pena. Queremos tamén agradecer o comportamento excepcional do alumnado e a profesionalidade do persoal da RAG/Casa Museo Emilia Pardo Bazán. Agardamos a saída fóra de proveito!  

DSC_0306

CONTOS DE MEDO NO MURGUÍA CON PAULA CARBALLEIRA

O luns, 21 de marzo de 2019, visitou o noso centro Paula Carballeira (actriz, escritora, contacontos,…), quen nos deixou un sorriso na boca e algo de medo, despois de asistir á súa actuación. Os fantasmas, mortos e demais criaturas propias do Samaín pasaron polo escenario do salón de actos, onde a rapazada gozou dunha hora moi divertida. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Biblioteca. Moitas grazas a todas e todos os asistentes, á organización e, sobre todo, a Paula, por facernos pasar un anaco tan agradable e pola súa simpatía!!! Aquí van algunhas fotos:    

DSC_0163

VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

junio 11, 2019 by ACTIVIDADES 1 Comment

O 11 de xuño de 2019 realizamos unha videoconferencia co alumnado de 4º ESO do Instituto Cañada Blanch de Londres, no que se estuda a materia de Lingua Galega. Puidemos comprobar o bo nivel de galego que teñen os alumnos londinenses  e  a rapazada do Murguía intercambiou información sobre as diferentes inquedanzas que temos en cada un dos países. Agradecemos á profesora Begoña González a súa amabilidade e as facilidades para levar a cabo esta actividade. Un saúdo amig@s de Londres!!

DSC_0137

EXPOSICIÓN SOBRE AS NOSAS ÁRBORES

junio 10, 2019 by ACTIVIDADES No Comments

No corredor da cafetaría podedes visitar a exposición sobre as árbores que circundan o noso centro escolar, froito da colaboración co Departamento de Bioloxía O traballo está acompañado dun plano para localizar as árbores en distintos lugares do patio. Agardamos que vos guste!!    

Hugo Herrador Premio 2019

ENTREGA DE PREMIOS DE EDL DO MURGUÍA

O 16 de maio entregáronse os premios de poesía e deseños que cada ano convoca o EDL do noso instituto. Este ano os vencedores foron: -Hugo Herrador Segade de 2º A ESO na categoría de poesía (III edición do Premio Viveiro de Poetas do Murguía). -C.R.V. na categoría de deseños (III edición do Premio de Deseños Adhírete ás Letras). Parabéns para ambos!!!

DSC_0046

O MURGUÍA CONSEGUE VARIOS PREMIOS NO FESTIVAL CINEOI DA CORUÑA.

mayo 8, 2019 by ACTIVIDADES, CINEOI No Comments

O alumnado do IES Manuel Murguía de Arteixo acadou varios premios na gala celebrada o pasado mércores, día 8 de maio, na Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Os galardóns conseguidos na categoría xuvenil foron os seguintes: -1º PREMIO:  No ollo do inimigo. Paula López Sánchez, Yésica Romero Rodríguez, Alba Freire Pose, Ainhoa Cotelo Lista, Sofía Iglesias Fariña, Sofía Vilas González, Lucía López Calvete, María Muñiz Veiga e Verónica Rodríguez Rossi. -2º PREMIO: Acoso nas aulas.Laura Baña Caamaño, Carla García Díaz, Alba Suárez Bolón e Pepa Villaverde Patiño. -3º PREMIO  (ex aequo): Enfermidades mentais. Florencia Delbono Gascón, Nicolás Paz Boedo e Samuel Bao Oliva; e Rúa do percebeRodrigo Alonso Romar, Gabriel Boquete Manteiga, Natalia Lois Filgueira, José David Rodríguez Reyes e Alejandro Souto Costa. -PREMIO BEN FALADO: Desta non te libras. Claudia Veiga Riveiro, Lydia Blanco Bello, Nerea Pazos Martínez, Amanda Nogalego Lago, Emma Balbís Rodríguez, Iris Amado López e Marina Boga Bello. -PREMIO DO PÚBLICO: O monte. Andrea Bouzón Vigo, Raquel Sánchez Ferrol, Ander Caamaño García, Meryem Ezzekraoui Ezzekraoui, Denise Vázquez López e Alex Otero Doce. Parabéns a tod@s!!!    

DSC_0026

O IES MANUEL MURGUÍA ASISTE AO CONCERTO DE SÉS NA CORUÑA.

abril 25, 2019 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O alumnado de 2º ESO asistiu o pasado mércores, 24 de abril de 2019, ao concerto da cantante SÉS no centro ÁGORA da Coruña. A rapazada puido gozar da música desta fantástica artista e  falar con ela, quen incluso accedeu a retratarse cos nosos alumnos e alumnas. Queremos dende aquí dar as grazas ao concello da Coruña, que nos facilitou a asistencia a esta actividade; a SÉS pola súa simpatía e profesionalidade; e aos nosos rapaces e rapazas do Murguía polo seu comportamento exemplar. Agardamos que vos gustara!! Aquí van algunhas fotos.  

DSC_0072

PRADOLONGO E O SEU DIRECTOR, IGNACIO VILAR, NO MURGUÍA.

abril 9, 2019 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

Hoxe tivemos o pracer de que nos visitara o director de cine Ignacio Vilar, autor de obras como A esmorga, Pradolongo, ou Sicixia; entre outras. Puidemos falar con el da súa carreira e filmografía, e de aspectos relacionados coa nosa cultura. Queremos agradecer dende aquí á produtora Vía Láctea o seu apoio e tamén ao concello de Arteixo pola cesión do auditorio. Grazas tamén a Ignacio Vilar pola súa simpatía, e ao alumnado polo seu magnífico comportamento.