EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Tiralle-da-lingua-2020

TÍRALLE DA LINGUA 2020

O pasado 14 de decembro de 2020 tivo lugar  a final a nivel nacional do concurso de relatos orais Tíralle da lingua que se vén celebrando dende hai varios anos e no que o noso centro participa. Como finalistas do IES Manuel Murguía, este curso presentamos 3 alumnas de 2º ESO C: Uxía López Suárez, que participou individualmente e Carolina Castro Rodríguez e Julia Meléndez Antón, en parella. Estas dúas últimas resultaron as gañadoras na súa categoría (1º ciclo da ESO) a nivel nacional. Estamos moi orgullosos/as das tres e sobre todo MOITOS PARABÉNS PARA AS NOSAS FLAMANTES GAÑADORAS! A continuación deixamos o enlace para que poidades escoitar e ver os relatos que se presentaron: https://www.as-pg.gal/Podcast/ViewChannel.do;jsessionid=58B15AB34A5E217B355A3C43410BB8E5?section=2&channel=T%EDralle%20da%20lingua%202020&tema=-1&startIndex=1&count=5  

Captura de pantalla (5)

FASE FINAL DO TÍRALLE DA LINGUA

O día 28 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a fase decisiva do TÍRALLE DA LINGUA. Trátase dun concurso de relatos orais para escolares no que levamos participando varios anos, e incluso en varias edicións fomos galardoados con algún premio. Este ano non puido ser, pero as nosas actrices fixeron un papel moi digno, nun certame que se caracterizou pola alta participación e a calidade dos contos. Queremos agradecer ó alumnado participante, ós compañeiros e compañeiras que os animaron, á organización e ó profesorado que os acompañou a Compostela. O ano que vén volveremos para tentar traer connosco algún premio. Parabéns a tod@s!!!

DSC_0108

TÍRALLE DA LINGUA. PREMIOS FASE PREVIA.

14 – 11 -2019 A semana pasada tivo lugar no salón de actos do Murguía a fase previa do concurso de relatos orais, TÍRALLE DA LINGUA, no que houbo un nivel altísimo nos competidores  e competidoras, ós que felicitamos polas súas soberbias actuacións. Foi moi complicado elixir os gañadores deste ano, que nos representarán ademais na fase final a celebrar proximamente en Santiago de Compostela. Despois dunha dura deliberación o xurado elixiu como vencedora a Laura Canedo (3º E ESO); e como segundas clasificadas a Carolina Castro (1º B ESO) e Julia Meléndez (1º H ESO). Parabéns ás vencedoras e tamén a tod@s @s participantes, que nos deleitaron cos seus fermosos relatos orais!!! Moita sorte para a fase final de Santiago!!!    

CSC_0083

MEDO ME DÁS! ENTREGA DE PREMIOS.

O venres, 8 de novembro, celebramos no salón de actos do instituto a fase previa do concurso de relatos orais Tiralle da Lingua. Feito que aproveitamos para facer entrega do premio MEDO ME DÁS!  a Álvaro Fuentes Campaña, alumno de 2º ESO G , que foi o vencedor coa obra Unha fría noite de inverno. Trátase dun excelente texto de terror situado no medievo, perfectamente documentado, e que foi elixido por unanimidade, polo xurado do certame, como o mellor dos presentados. Temos que dicir que o nivel foi moi alto, de xeito que felicitamos tamén a todos e todas as participantes polos seus magníficos relatos. Convidámosvos a que sigades participando nos vindeiros certames, dos que vos iremos informando proximamente. Parabéns a Álvaro e tod@s @s participantes!!

DSC_0306

CONTOS DE MEDO NO MURGUÍA CON PAULA CARBALLEIRA

O luns, 21 de marzo de 2019, visitou o noso centro Paula Carballeira (actriz, escritora, contacontos,…), quen nos deixou un sorriso na boca e algo de medo, despois de asistir á súa actuación. Os fantasmas, mortos e demais criaturas propias do Samaín pasaron polo escenario do salón de actos, onde a rapazada gozou dunha hora moi divertida. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Biblioteca. Moitas grazas a todas e todos os asistentes, á organización e, sobre todo, a Paula, por facernos pasar un anaco tan agradable e pola súa simpatía!!! Aquí van algunhas fotos:    

EDDLG principal

Poesía do medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Sombra gris que me acompañas Que me axudas Aínda que me distraias Que non es perfecto Pero es un bo sentimento Que tivemos os nosos máis E os nosos menos Grazas a ti Meu amor non perdín Máis teño medo a perdelo MEDO Ti axúdasme Aínda que nunca pense en ti Axudáchesme a salvarme Aínda que poida resultar frustante Que sempre me acompañes Es o medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor equívoco. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor equívoco. Quixémonos Nin nos decatamos Cando me dei de conta Xa o deixaramos Eu quíxente Síntoo Arrepíntome Pero volveríate a amar Volveríame a equivocar. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO

EDDLG principal

Gramática. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Gramática. O meu profesor de Lingua Intenta que entenda Que en primeira persoa Debo contar a miña historia Mais non entendo Se é miña ou dela. Hugo Herrador 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor Puntual. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor Puntual Un día para amarte Un día para escribirte Un día para sentirte Un día para pensar no que che fixen Un día para amarte Un día para non esquecerte. Hoxe quero pulsar no botón de Restart Para volver a empezar Quero sentir Que de te enamorar Estou a piques Aínda que despois me esquezas Quero quererte Quero que me queiras Aínda que sexa Unha vez ó ano. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO

DSC_0080

CATRO PREMIOS NO CinEOI DA CORUÑA

Un ano máis o IES Manuel Murguía volve con varios premios do Festival de Curtametraxes CinEOI da Coruña. Novamente os nosos cineastas souberon cativar ao xurado coas súas creacións que van dende o terror, ata a acción trepidante, ou a denuncia social a través de sentidas mensaxes contra a violencia de xénero. Os gañadores foron: 1º Premio: Claudia Veiga Riveiro e Nicolás Calvo Domato, por NIN UN SEGUNDO MÁIS. 2º Premio: Pedro Manuel López Garrido, Rodrigo Rial Martínez, Aness Ennajjai Backchi, Abdelhadi Daanouni, Adrián Martínez García, Iván Costa Vilariño e Darío Souto Pombo; por SKINS. 3º Premio: Yael Martínez Cotelo, Nerea Cotelo Villaverde, Ariadna Díaz Romero e Aitana Carnota Angulo; por HIDE & SEEK. Premio Ben Falado: Soraya Rivas Tomé, Carla Piñeiro Martínez, Carmen Martínez Canedo, Carla Pazos Barbón, Safae Lemsahri Taiz, Andrea Alvedro Canedo; por DOBRE CARA. Queremos tamén agradecer a todos os que participastes coas vosas curtametraxes (enviamos 11 películas ao certame), polo excelente traballo realizado, xa que todas tiñan un alto nivel. Moitas grazas a todos vós e aos responsables do Festival cinEOI da Coruña pola fabulosa organización e o trato recibido!!! Parabéns!!! Da gusto traballar con alumn@s así!!! CURTAMETRAXES:  1º PREMIO: NIN UN SEGUNDO MÁIS. 2º PREMIO: SKINS. https://youtu.be/10QcG0HN_Cc 3º [...]

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0