EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

O pasado sempre volve.

“Nunca fun eu moi de historias, a verdade, pero creo que esta paga a pena contala. Servirache a modo de lección, a ti e a quen a precisa, estou segura. Farán xa uns catro anos que Miranda apareceu en escena. Coma todos os nenos, encantábanlle os contos e as lambetadas. A última casa da rúa tiña de ambos, e alí que foi o primeiro verán que pasou na vila. Sendo tan cativa coma era; nove anos non son moitos que se diga; non dubidou da boa fe da pobre vella que llos subministraba. Todas as tardes os seus ollos verdes se depositaban na pantalla do televisor daquel lugar. E tamén todas as tardes tiña a liberdade de comer e xogar con todo canto atopara nesas salas. A cambio, debía gardar o segredo. Ninguén podía saber que ela pasaba alí o tempo. A vella explicoulle que se algún outro neno coñecía o que alí acontecía, querería quitarlle o sitio. Miranda, que sentía xa moito agarimo por aquelas catro paredes, decidiu calar. Unha tarde de moito calor en pleno agosto, a nena xogaba no salón cunha pelotiña de goma que máis que para nenos asemellaba para cans. Pouco lle importaba cando, ao caer o [...]

pesadelo-antes-de-nadal

CERTAME DE POSTAIS DE NADAL EN GALEGO. Curso 2016-17.

Este ano engadimos unha nova actividade. Trátase dun certame de Postais de Nadal en galego. Gustaríanos que demostrásedes as vosas habilidades artísticas participando neste certame e que ademais puidésedes felicitar amigos e familiares nestas datas coa postal gañadora. As bases do certame son as seguintes: Destinatarios: alumnado do IES Manuel Murguía. Prazo: ata o 10 de novembro de 2016. Formato: deben entregarse en formato DIN A4, e será imprescindible que leve un pequeño texto ou felicitación en galego acompañando o debuxo. Lugar de entrega: en calquera das dúas porterías do centro habilitaranse unhas caixas para recoller os traballos. Premios: tarxeta regalo de 20 euros para o gañador e de 10 para o segundo clasificado. A postal gañadora tentaremos reproducila e distribuíla polo centro para felicitar as festas en galego. Animádevos!!!            

psicose

Medo me dás! Certame de relatos de medo Curso 2016-17

MEDO ME DÁS! Participa no noso concurso de relatos de medo. Destinatarios: alumnos matriculados no IES Manuel Murguía de Arteixo. Prazo: até o 25 de outubro de 2016. Lugar: a través deste portal. Para iso debedes rexistrarvos antes. Premios: tarxeta regalo de 20 euros para o gañador e de 10 euros para o segundo clasificado. Información: membros do Equipo de Dinamización Lingüística do IES Manuel Murguía de Arteixo.  

logo fala raio 312x312

Comeza o novo curso 2016-2017 no portal Fala de raio

Benvidos un ano máis ao noso portal! En breve iremos achegando novos contidos e convocarémosvos para participar no concurso de relatos de misterio Medo me dás! Lembrade que tedes que estar antes rexistrados, xa que o concurso farase a través do blog Fala de raio. Estade atentos!      

PREMIOS CINEOI 2016

A curtametraxe “Non me recoñezo”, que fala da manipulación fotográfica no mundo da moda, acadou o 2º premio na categoría xuvenil, e a curta “Wild Heels”, un thriller de traición e asasinato o 3º premio na mesma categoría. Os dous traballos foron realizados por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES Manuel Murguía. Recolleron o premio Carla Barral e Flor da Silva por “Wild Heels” e Irene Fernández, Marta Follente, José Antonio García e Celia Lorenzo por “Non me recoñezo”. Noroaboa a todos os participantes!!

2º Premio Tíralle da lingua 2016

Parabéns unha vez máis aos nosos xa citados Nicole e Noelia, finalistas, e Pablo e Nico, finalmente gañadores do segundo premio, na súa categoría , nesta décimo sexta edición do certame Tíralle da Lingua. Parabéns tamén a todos os que participastes e compartistes a emoción de subir ao escenario e gozar das actuacións que hoxe podemos ofrecervos en Fala de raio: Antía Canedo, Susana Rodrígez, Emma Vázquez, María Cedeira, Yao Gómez e Noelia Cedeira. Grazas polas vosas actuacións e entusiasmo !!! Aquí tedes a estes dous artistazos en plena actuación no Teatro Principal de Compostela.

Tíralle da lingua

abril 7, 2016 by ACTIVIDADES, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Xa temos representantes para a fase final do tíralle da lingua: Nicole Macías e Noelie García de 1º C que obtiveron o primeiro premio. Nico Paz de 2º ESO C e Pablo Maceiras de 2º ESO D, segundo premio. O nivel estivo moi alto e hai que felicitar a todos os participantes. Verémolos outra vez na fase final que se celebrará o mércores 13 no Teatro Principal de Santiago. Parabéns

Tíralle da lingua

Como xa sabedes entre este martes e o próximo día 5 de abril estase a celebrar fase preliminar para escoller os representantes deste centro .

IMG_20160308_122842

Premios literarios

marzo 9, 2016 by ACTIVIDADES, CONCURSOS No Comments

O día 8 de marzo entregáronse os premios aos gañadores das dúas categorías : “medo me dás” e ” Eu son…” Na categoría de contos de medo, resultaron premiados: A REALIDADE de Maruxa Polo González OS CINCO DECES de Nicole Macías Fernández Na categoría “Eu son…” resultou gañadora María Souto Amarelle Noraboa a todas.

medo

MEDO ME DÁS….

enero 12, 2016 by CONCURSOS No Comments

Escribe un conto de medo e súbeo ao Blog Fala de raio coas etiquetas “Concurso literario” “contos de medo” “medo me dás” . Debe conter as palabras: MOL, COGOMBRO, VERMELLO, CAMPO SANTO e PÍNTEGA. Haberá premios para os mellores.