EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

CinEOI Coruña Curtas - Gala de entrega de premios con Isabel Blanco

Hoxe é a gala de entrega de premios CinEOI Coruña Curtas

Hoxe ás 20 h terá lugar a gran gala de entrega de premios do Certame CinEOI Coruña Curtas, coa participación este ano da actriz Isabel Blanco, que segue o ronsel doutros grandes actores que acudiron en anos anteriores, como Luís Tosar ou Luís Iglesia. A nova produtora audiovisual do instituto, Producións Fala de raio, presenta nada menos ca 10 curtas á sección xuvenil deste certame, así que alí estaremos, cruzando os dedos a ver se cae algún premio en Arteixo. Seguro que si!      

Tíralle da lingua no IES Manuel Murguía

Xa temos representantes para o Tíralle da lingua

Onte  no Salón de Actos tivo lugar a fase de selección dos nosos representantes para o concurso de contacontos do Tíralle da lingua que vai ter lugar en Santiago o vindeiro 24 de abril. Na categoría de primeiro ciclo os nosos representantes van ser Julia López Canay e Carmen Martínez Canedo, de 1º ESO C, co espectáculo “Pais, nais e debuxos animados”. Na categoría de segundo ciclo, Jorge Gálvez Nemiña, Mihai Anton Gaspar e Roque Ruíz Soto, de 3º ESO B, volverannos representar por segundo ano consecutivo, centrándose esta vez no “Estrés na discoteca”.  Que cracks! A preparar e afinar o noso espectáculo e ánimo!!

CANTO-SABES-DE-13-pregunta

Canto sabes de? 13

Que prazo teño para contestar? Do luns 24 de febreiro ao domingo 9 de marzo. Ánimo! Nesta ocasión tes DÚAS semanas para contestar! Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

CANTO-SABES-DE-12-pregunta

Canto sabes de? 12

Que prazo teño para contestar? Do luns 17 de febreiro ao domingo 23 de febreiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

Curta promocional CinEOI 2014

Xa podedes ver a curta promocional do certame CinEOI 2014, que propón ‘Rachar coas diferenzas de xénero‘ Lémbrovos que hai unha sección xuvenil na que podedes participar! Veña, xa, a rodar!!!

CANTO-SABES-DE-11-pregunta

Canto sabes de? 11

Que prazo teño para contestar? Do luns 10 de febreiro ao domingo 16 de febreiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

Cartel do certame CinEOI 2014

CinEOI Curtas 2014

O IES Manuel Murguía colabora este ano na organización do cuarto festival CinEOI Coruña Curtas, excelente proposta do Equipo de dinamización lingüística da EOI da Coruña. Este ano como novidade incorpora unha sección xuvenil, na que poden participar todos os alumnos de secundaria da Coruña e tamén do noso instituto. As curtametraxes deberán ser en lingua galega, non deberán superar os 10 minutos e poderanse remitir á EOI da Coruña ata o 28 de marzo.  Se queredes máis información podedes descargar as bases do certame, acceder directamente á web da EOI da Coruña, contactar coa profesora Begoña González ou escribir un mail a faladeraio@gmail.com. Os días 9 e 10 de abril haberá no salón de actos da EOI da Coruña un festival no que se entregarán substanciosos premios para os gañadores de cada categoría. A presidenta de honra deste ano é Isabel Blanco, que reempraza aos padriños anteriores, Luís Iglesia e Luís Tosar. Animádevos a participar!!

CANTO SABES DE 10 - pregunta

Canto sabes de? 10

Que prazo teño para contestar? Do luns 3 de febreiro ao domingo 9 de febreiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario:

Jorge Saavedra no obradoiro de rodaxe cos alumnos de 1ºBAC do IES Manuel Murguía

Obradoiro de rodaxe con Jorge Saavedra. Si, si, o de Matalobos!

Este xoves tivemos unha visita de excepción no noso centro, a de Jorge Saavedra, director de series tan famosas como Matalobos e autor de numerosas curtametraxes. Jorge tivo un encontro cos alumnos de 1º de Bacharelato para traballar con eles en cuestións relacionadas coa rodaxe audiovisual. Aprendemos moito e saímos reforzados para seguir adiante coas curtametraxes que estamos a preparar. Non nos imos saltar o eixe, prometémoscho, Jorge! Queres ver todas as fotos? Entra aquí.

CANTO SABES DE 09 - pregunta

Canto sabes de? 9

Que prazo teño para contestar? Do luns 20 de xaneiro ao domingo 26 de xaneiro. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio. Como fago para contestar? Cubre o formulario: