EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

ASÍ É O AMOR

Todas as veces que te vexo, párase o tempo e con el os latexos do corazón , nese segundo só existimos ti e eu, nós, sós, os dous… Igual que nos meus soños, pena que só sexan iso e ao espertar darme conta de que todo iso non é a realidade. E as miñas ilusión vanse, desaparecen como as gotas de chuvia que escorregan nun cristal, neses días grises e escuros, nubrados pola miña tristeza é cando a realidade volve a min. Un día, 24 horas, 12 que paso pensando en ti , 12 soñando neses soños nos que ti apareces. Coa túa risa fasme feliz, non sabes canto. Felicidade que contrasta coa miña tristeza, xa que ao meu lado faltas ti, desexaría que estiveras compartindo os teus sorrisos comigo. Nós, sós, os dous…sería unha alegría para a miña vida nubrada, uns raios de sol que farían o meu soño feito realidade. Soñando sigo, ata cando non durmo. Nós, sos, os dous xuntos Pero volta a empezar, día escuro, vida nubrada. A realidade vén a min.   Lucía García Iglesias Uxía Verdía Pereiro Marisol Rama Mosquera 4º E ESO

Amor Silencioso

Véxote cada día co teu grupo de amigos. Engaiólame a túa mirada, encántame a túa personalidade e namórame a túa risa. Unicamente quero estar contigo para abrazarte e sentirte sempre ó meu lado. Non sei como dicircho, pero quérote. Cando ti te ris eu  ríome, cando choras, choro, cando estas triste, estou triste. Cando te vexo, noto no peito un tremor, noto como se me faltase o aire.Cando me falas póñome nervioso, ruborízome, nin eu mesmo sei como son capaz de falar. Se ti desapareces, parte do meu corazón desaparecería. Con estas miñas frases quero dicirche que te quero, que quero estar ao teu carón e que non son capaz de aguantar a angustia de non ter comigo a túa presenza. Quero que se xunten as nosas miradas e se convirtan nunha. Quero compartir contigo os meus sentimentos. Quero que sexas un dos piares da miña vida.