EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Tiralle-da-lingua-2020

TÍRALLE DA LINGUA 2020

O pasado 14 de decembro de 2020 tivo lugar  a final a nivel nacional do concurso de relatos orais Tíralle da lingua que se vén celebrando dende hai varios anos e no que o noso centro participa. Como finalistas do IES Manuel Murguía, este curso presentamos 3 alumnas de 2º ESO C: Uxía López Suárez, que participou individualmente e Carolina Castro Rodríguez e Julia Meléndez Antón, en parella. Estas dúas últimas resultaron as gañadoras na súa categoría (1º ciclo da ESO) a nivel nacional. Estamos moi orgullosos/as das tres e sobre todo MOITOS PARABÉNS PARA AS NOSAS FLAMANTES GAÑADORAS! A continuación deixamos o enlace para que poidades escoitar e ver os relatos que se presentaron: https://www.as-pg.gal/Podcast/ViewChannel.do;jsessionid=58B15AB34A5E217B355A3C43410BB8E5?section=2&channel=T%EDralle%20da%20lingua%202020&tema=-1&startIndex=1&count=5  

Captura de pantalla (5)

FASE FINAL DO TÍRALLE DA LINGUA

O día 28 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a fase decisiva do TÍRALLE DA LINGUA. Trátase dun concurso de relatos orais para escolares no que levamos participando varios anos, e incluso en varias edicións fomos galardoados con algún premio. Este ano non puido ser, pero as nosas actrices fixeron un papel moi digno, nun certame que se caracterizou pola alta participación e a calidade dos contos. Queremos agradecer ó alumnado participante, ós compañeiros e compañeiras que os animaron, á organización e ó profesorado que os acompañou a Compostela. O ano que vén volveremos para tentar traer connosco algún premio. Parabéns a tod@s!!!

DSC_0108

TÍRALLE DA LINGUA. PREMIOS FASE PREVIA.

14 – 11 -2019 A semana pasada tivo lugar no salón de actos do Murguía a fase previa do concurso de relatos orais, TÍRALLE DA LINGUA, no que houbo un nivel altísimo nos competidores  e competidoras, ós que felicitamos polas súas soberbias actuacións. Foi moi complicado elixir os gañadores deste ano, que nos representarán ademais na fase final a celebrar proximamente en Santiago de Compostela. Despois dunha dura deliberación o xurado elixiu como vencedora a Laura Canedo (3º E ESO); e como segundas clasificadas a Carolina Castro (1º B ESO) e Julia Meléndez (1º H ESO). Parabéns ás vencedoras e tamén a tod@s @s participantes, que nos deleitaron cos seus fermosos relatos orais!!! Moita sorte para a fase final de Santiago!!!    

DSC_0306

CONTOS DE MEDO NO MURGUÍA CON PAULA CARBALLEIRA

O luns, 21 de marzo de 2019, visitou o noso centro Paula Carballeira (actriz, escritora, contacontos,…), quen nos deixou un sorriso na boca e algo de medo, despois de asistir á súa actuación. Os fantasmas, mortos e demais criaturas propias do Samaín pasaron polo escenario do salón de actos, onde a rapazada gozou dunha hora moi divertida. A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Biblioteca. Moitas grazas a todas e todos os asistentes, á organización e, sobre todo, a Paula, por facernos pasar un anaco tan agradable e pola súa simpatía!!! Aquí van algunhas fotos:    

EDDLG principal

Poesía do medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Sombra gris que me acompañas Que me axudas Aínda que me distraias Que non es perfecto Pero es un bo sentimento Que tivemos os nosos máis E os nosos menos Grazas a ti Meu amor non perdín Máis teño medo a perdelo MEDO Ti axúdasme Aínda que nunca pense en ti Axudáchesme a salvarme Aínda que poida resultar frustante Que sempre me acompañes Es o medo. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Amor equívoco. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor equívoco. Quixémonos Nin nos decatamos Cando me dei de conta Xa o deixaramos Eu quíxente Síntoo Arrepíntome Pero volveríate a amar Volveríame a equivocar. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO

EDDLG principal

Gramática. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Gramática. O meu profesor de Lingua Intenta que entenda Que en primeira persoa Debo contar a miña historia Mais non entendo Se é miña ou dela. Hugo Herrador 2º A ESO.

IMG_0376

O TÍRALLE DA LINGUA CONTOU COA PRESENZA DO NOSO ALUMNDO NA FASE FINAL DE SANTIAGO

TÍRALLE DA LINGUA, FINAL EN COMPOSTELA Parabéns a Martín, Pedro, Joel e Daniel!  Melloraron con ganas os seus relatos nas súas actuacións, mais o nivel dos/as participantes foi moi alto, viñemos co agasallo dos aplausos recibidos e das risas e emocións vividas nesta XVII edición, na que participaron centros das catro provincias galegas. Parabéns tamén aos gañadores do CEIP Fogar, de Carballo; do CEIP A Mariña, de Reinante; do IES Díaz Castro, de Guitiriz; do Aquis Querquennis, de Bande (con premios en dúas categorías!!) e do IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis, e o noso agradecemento á Asociación Socio Pedagóxica Galega polo seu traballo á fronte deste certame, potenciando a diversión e o valor da nosa lingua Actuación Joel e Daniel 1º Bacharelato Actuación Martín e Pedro 1º G Foto da entrega de premios no Teatro Principal Foto dos palcos do Teatro Principal de Santiago, onde se celebrou a fase final.   Foto dos nosos representante durante a primeira fase de centro.    

Tiralle da lingua 2015

Segundo premio no Tíralle da lingua 2015

Un ano máis o IES Manuel Murguía acudiu á gran cita do Tíralle da lingua, a final que cada ano se celebra no IES Rosalía de Castro de Santiago, nun salón de actos ateigado de rapaces. Este ano houbo monólogos excepcionais, coma sempre, e un deles foi “Clases de idiomas”, que levou o segundo premio da categoría de segundo ciclo da ESO. Parabéns a David Cristóbal ‘Nano’ e a Joel García por darnos esas claves para aprender novos idiomas e polas súas táboas no escenario!

tiralle da lingua 2015 - seleccion IES Manuel Murguia (3)

Xa temos representantes para a final do Tíralle da Lingua!

Parabéns aos valentes participantes e gañadores na primeira fase do certame de narración oral Tíralle da Lingua! Xa sabedes que agora representarán ao Manuel Murguía na fase final que terá lugar no IES Rosalía de Castro de Santiago. Manterémosvos informados sobre como se desenvolva a nova edición (que será a décimo quinta!) desta festa da palabra. Non deixedes, polo tanto, de animar a Jennifer Gil, Yao Gómez e Nicolás Paz, premiados na categoría de “Primeiro ciclo de ESO”  e mais a Daniel Álvarez, Daniel Romero, David-Nano Cristóbal e Joel García, na categoría “Segundo ciclo de ESO”. Podes ver todas as fotos no Facebook.

PHP Fatal error: Internal zval's can't be arrays, objects or resources in Unknown on line 0