EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

01.Isabel Risco (2)

I Gala audiovisual Fala de raio

abril 30, 2014 by CINE, CINEOI, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Cine de autor e premios a esgalla onte na I Gala audiovisual Fala de raio. A actriz Isabel Risco conduciu unha gala chea de aplausos, risas e premios e cun auditorio entregado ante a calidade e o humor das dez curtametraxes realizadas polos alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía. Recibiron tamén un diploma os nosos representantes en Tíralle da lingua, que unha vez máis afiaron a súa lingua para participar en Santiago neste certame de narración oral. Tamén tivemos convidados especiais: Ángeles Huerta, unha das promotoras do festival CinEOI Coruña Curtas, no que este ano a Produtora Fala de raio arrasou gañando catro premios da categoría xuvenil, e mais Jorge Saavedra, director da serie Matalobos, que unha vez máis apoiou esta iniciativa e se desprazou ata o noso instituto. Desde onte son, oficialmente, “madriña” e “padriño” da Produtora Fala de raio. Un bico forte desde Arteixo para os dous! Se queredes ver as fotos, visitade o facebook de Fala de raio.  

Curta “Pois xa que estamos”

Curta de Pablo García, Darío Pazos, Nerea Naya, Nicolás Grisanti, Gabriela Rial e Jorge Veiga de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Carlota Souto. Estes mozos só pensan no ‘único’

Curta “A herdanza”

Curta de María Boedo, Alicia Vázquez, Lara Vázquez e Jéssica Pena, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. En que familia a herdanza non provocou fastidiosos problemas?

Curta “Galician Discovery”

Curta de Pablo García, Óscar Fondo e Alexander Ferreira, cun cameo estelar de Isabel Maturana. Neste capítulo de “Galician Discovery” Óscar Fondo da Xungla introdúcese nun hábitat salvaxe: o instituto público.

Curta “Un día sen auga”

Curta de Samuel Suárez, Sergio García, Manuel Queijeiro e Bilal Belkalcha de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Que sería de nós sen auga?

Curta “Armando”

Curta de Jaime Muscó, protagonizada por Viberto Quinteiro, e coa colaboración de Fabián González, Lara Miñones e Manuel Tato. Armandiño, sempre armándoas

Curta “Broma a Timofónica”

Curta de Leonardo Casado, Martín Gálvez, Juan Luís Márquez e Iván Nemiña parodiando os abusos das telefónicas.

Cuarto premio: “Días felices”

Curta de Rubén Gómez, Anabel Martínez, Estefanía Álvarez, Carla Bouzón, Gabriela Rial e Andrea Prieto, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Juan José Vivas e Raúl García.

Terceiro premio: “Vidas paralelas”

Curta de Alba Freijeiro e Alba Vieites de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa participación de Fabio Dans, Irene Fernández, Lucía García e Sheila Tasende.

Segundo premio: “Crónica dun secuestro anunciado”

Curta de Alexandra Álvarez, Víctor Bellón, Miguel Díaz, Khadija Elomrani, Juan Manuel Fontenla, Lara Miñones, Esteban Rodríguez e Daniel Souto de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo.