EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Curta gañadora: “Atrapados”

Velaquí o primeiro premio da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas. É unha curta de Patricia Caramés, Cintia Canedo, Yago Otero, Alba Padín e María Suárez, de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, coa colaboración de Diego Viña.

CinEOI Coruña Curtas 04 - actrices de Dias Felices con Isabel Risco

Actrices do IES Manuel Murguía con Isabel Risco

Algunhas das actrices do noso instituto poden presumir de estar conversando na gala CinEOI 2014 cunha das actrices máis simpática, máis crítica e máis en forma do noso panorama audiovisual, Isabel Risco, que xustamente onte levou o premio Mestre Mateo á mellor actriz de reparto polo seu papel na comedia “Era Visto!” da TVG.

Entrega primeiro premio da categoría xuvenil CinEOI 2014

Os creadores de “Atrapados” con Isabel Blanco

Os gañadores do primeiro premio da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas 2014 recibiron o premio dunha das actrices de moda, Isabel Blanco, que vén de gañar onte o premio á mellor actriz protagonista pola película “Todos os santos” nos premios Mestre Mateo.

Noticiero de Arteixo - IES Manuel Murguia premiado en CinEOI 2014

A prensa recoñece o bo facer audiovisual do IES Manuel Murguía

A prensa faise eco do grande éxito de Producións Fala de Raio no certame CinEOI 2014 e louba o traballo dos alumnos do Manuel Murguía. Podédelo ver no Noticiero de Arteixo e en StadioSport.

Curtas premiadas na sección xuvenil de CinEOI

Avalancha de premios en CinEOI 2014

Os catro primeiros premios da categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña Curtas 2014 leváronos curtas presentadas polos alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía, a través da súa produtora Fala de raio. “Atrapados“ conseguiu o primeiro premio, cunha dotación económica de 200 euros. Parabéns para Cintia, Patricia, Iago, Alba e María por este exitazo postmoderno O segundo premio foi para o thriller cómico “Crónica dun secuestro anunciado“, mérito de Alexandra, Lara, Víctor, Khadija, Juan Manuel, Daniel, Alejandro, Miguel e Esteban. “Vidas paralelas“ levou o terceiro premio. Alba F e Alba V non dan puntada sen fío. Coa axuda de Lucía, Fabio, Sheila e Irene sorprenderon ao xurado cunha enxeñosa curta. E o cuarto premio neste concorrido certame foi para “Días felices“, no que Gabriela, Estefanía, Carla, Andrea e Juan José lle poñen rostro a unha das máis serias problemáticas sociais que padecemos, baixo a dirección de Rubén e de Anabel. O xurado decidiu así, pero outras curtas puideron gañar, dado o gran nivel desta edición. Animávosvos a ver tamén as outras obras que presentaron ao certame os alumnos de 1ºBAC do instituto: “A herdanza“, “Armando“, “Broma a Timofónica“, “Galician Discovery“, “Pois xa que estamos” e “Un día sen auga“.  Parabéns a todos [...]

CinEOI Coruña Curtas - Gala de entrega de premios con Isabel Blanco

Hoxe é a gala de entrega de premios CinEOI Coruña Curtas

Hoxe ás 20 h terá lugar a gran gala de entrega de premios do Certame CinEOI Coruña Curtas, coa participación este ano da actriz Isabel Blanco, que segue o ronsel doutros grandes actores que acudiron en anos anteriores, como Luís Tosar ou Luís Iglesia. A nova produtora audiovisual do instituto, Producións Fala de raio, presenta nada menos ca 10 curtas á sección xuvenil deste certame, así que alí estaremos, cruzando os dedos a ver se cae algún premio en Arteixo. Seguro que si!      

Curta promocional CinEOI 2014

Xa podedes ver a curta promocional do certame CinEOI 2014, que propón ‘Rachar coas diferenzas de xénero‘ Lémbrovos que hai unha sección xuvenil na que podedes participar! Veña, xa, a rodar!!!

Cartel do certame CinEOI 2014

CinEOI Curtas 2014

O IES Manuel Murguía colabora este ano na organización do cuarto festival CinEOI Coruña Curtas, excelente proposta do Equipo de dinamización lingüística da EOI da Coruña. Este ano como novidade incorpora unha sección xuvenil, na que poden participar todos os alumnos de secundaria da Coruña e tamén do noso instituto. As curtametraxes deberán ser en lingua galega, non deberán superar os 10 minutos e poderanse remitir á EOI da Coruña ata o 28 de marzo.  Se queredes máis información podedes descargar as bases do certame, acceder directamente á web da EOI da Coruña, contactar coa profesora Begoña González ou escribir un mail a faladeraio@gmail.com. Os días 9 e 10 de abril haberá no salón de actos da EOI da Coruña un festival no que se entregarán substanciosos premios para os gañadores de cada categoría. A presidenta de honra deste ano é Isabel Blanco, que reempraza aos padriños anteriores, Luís Iglesia e Luís Tosar. Animádevos a participar!!