EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

dsc_0337

VII Certame de Cinema OUFF Escola Ourense 2016

Un ano máis  celebrouse a entrega de premios do Certame de Cinema OUFF Escola de Ourense. Este ano non puidemos facernos con ningún premio, e debemos recoñecer que o nivel foi altísimo e era moi complicado gañar. De todos xeitos parabéns a todos os participantes e convidámosvos a seguir elaborando obras de arte coma as que adoitades presentar. Aquí tedes o diploma que nos entregaron pola vosa participación. Ánimo e xa veredes como o próximo ano gañamos!

Estrea de As tres portas en Fala de raio

Velaquí a curta que levou o segundo premio no OUFF Ourense, a sección escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense. Nela Andrea Leis, Andrea Pallas, Alberto Clemente, Paula Abeledo e Meryama Errami, alumnos de BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo, recrean a historia dunha repartidora a domicilioque sofre porta tras porta a excentricidade dos habitantes das casas nas que entrega os paquetes. Non a podedes perder!

“As tres portas” gaña o 2º premio OUFF Escola de Ourense 2015

O noso centro acadou este ano o segundo premio por esta curtametraxe que conta a historia dunha repartidora de paquetería que non ten un bo día… Parabéns a Ana, Andrea, Alberto, Paula e Meryama polo seu gran traballo! E máis tendo en conta que este ano era un certame moi reñido, pois foi o de maior cantidade de curtas presentadas. Aquí tedes o vídeo da entrega de premios.  

OUFF-Ourense

Entrega de premios no Ouff Escola

Producións Fala de raio asistiu onte á entrega de premios do Ouff Escola, a sección escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense. A gala tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense e alí se desprazou unha ampla representación dos alumnos que traballaron o curso pasado na elaboración de 11 curtametraxes no noso centro. Finalmente os premios non viñeron para Arteixo, pero prometemos volver outro ano para resarcirnos Parabéns aos gañadores, especialmente ao IES de Cacheiras, que coa súa curta “Persoas” levou o primeiro premio da categoría xuvenil, mais tamén ao IES Ramón María Ulloa, que obtivo o segundo premio coa curta “O libro“, e ao IES Xulián Magariños, premiado co premio ao mellor guión pola curta “Non nos quitaredes os soños“.