EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Os Carballo

abril 28, 2016 by ACTIVIDADES, CINE No Comments

http:// Unha curta de Joana Álvarez, Alejo Cedeira, Miguel Cruz, Pablo de la Fuente, Manuel Fuentes, Uxía Veira, alumnos de 2º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Sinopse: Na cea familia dunha familia acomodada morre misteriosamente o patriarca.

PREMIOS CINEOI 2016

A curtametraxe “Non me recoñezo”, que fala da manipulación fotográfica no mundo da moda, acadou o 2º premio na categoría xuvenil, e a curta “Wild Heels”, un thriller de traición e asasinato o 3º premio na mesma categoría. Os dous traballos foron realizados por alumnos de 1º e 2º de Bacharelato do IES Manuel Murguía. Recolleron o premio Carla Barral e Flor da Silva por “Wild Heels” e Irene Fernández, Marta Follente, José Antonio García e Celia Lorenzo por “Non me recoñezo”. Noroaboa a todos os participantes!!

2º Premio Tíralle da lingua 2016

Parabéns unha vez máis aos nosos xa citados Nicole e Noelia, finalistas, e Pablo e Nico, finalmente gañadores do segundo premio, na súa categoría , nesta décimo sexta edición do certame Tíralle da Lingua. Parabéns tamén a todos os que participastes e compartistes a emoción de subir ao escenario e gozar das actuacións que hoxe podemos ofrecervos en Fala de raio: Antía Canedo, Susana Rodrígez, Emma Vázquez, María Cedeira, Yao Gómez e Noelia Cedeira. Grazas polas vosas actuacións e entusiasmo !!! Aquí tedes a estes dous artistazos en plena actuación no Teatro Principal de Compostela.

Tíralle da lingua

abril 7, 2016 by ACTIVIDADES, CONCURSOS, FALA TV No Comments

Xa temos representantes para a fase final do tíralle da lingua: Nicole Macías e Noelie García de 1º C que obtiveron o primeiro premio. Nico Paz de 2º ESO C e Pablo Maceiras de 2º ESO D, segundo premio. O nivel estivo moi alto e hai que felicitar a todos os participantes. Verémolos outra vez na fase final que se celebrará o mércores 13 no Teatro Principal de Santiago. Parabéns

Tíralle da lingua

Como xa sabedes entre este martes e o próximo día 5 de abril estase a celebrar fase preliminar para escoller os representantes deste centro .

.jpg

¡¡CAMPIOAS DE ESPAÑA!! NORABOA

febrero 18, 2016 by ACTIVIDADES, FALA TV No Comments

A Selección Galega Sub17 Feminina de Fútbol Sala deunos o día 6 de febreiro unha enorme alegría ao proclamarse campioa de España logo de superar a Cataluña na final por 3 a 1. A nosa Selección puxo así o broche de ouro a un campionato perfecto no que demostrou ser o mellor equipo e xusto campión. Noraboa a Aida Yáñez e a todas as súas compañeiras. Máis información en Facebook faladeraio.es.

CHATTING

febrero 1, 2016 by CINE, FALA TV, TV No Comments

Unha curta de Alana Vázquez, Laura Veiga, Natahel Regueiro, Jennifer Golán, Antía Otero, Lara Santolaria e Carla López, alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Sinopse: Marta está farta de non ter parella e decide comezar unha relación por Internet. Todo vai ben, pero o que non sabe é quen se agocha do outro lado!

Estrea : Outra vez en setembro

enero 18, 2016 by ACTIVIDADES, CINE, FALA TV No Comments

Unha curta de Esteban Rodríguez, Jony Seoane, Marcos Sabarís, Diego Reyes, Javier Villares, Alex Dopico, Martín Gálvez e Ivo Ceán, alumnos de 1º BAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Coa colaboración especial de David Alonso. Sinopse: Un alumno enfróntase por enésima vez a un exame no que vai fracasar e mentres intenta responder as preguntas vai repasando as súas ilusións e temores.

Estrea LOW COSTO

diciembre 11, 2015 by CINE, FALA TV No Comments

Curtametraxe de Héctor Rodríguez e Bieito Romero, coa participación de Antonio Vázquez, Mario Álvarez, Daniel González, Carlos Sánchez, Raúl Dasilva, Pedro Quintana, Alba Torres e Yago Muñiz, alumnos de 1ºBAC do IES Manuel Murguía de Arteixo. Segundo premio na categoría xuvenil do certame CinEOI Coruña

Estrea en Fala de raio de : Outra vez resaca

diciembre 3, 2015 by ACTIVIDADES, CINE, FALA TV No Comments

Algunha vez espertaches e non lembrabas a noite anterior? Pois mira e verás……..