EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal negativa

VIDEOCONFERENCIA CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

Este luns, 22 de maio, realizamos unha videoconferencia co Instituto Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega e Literatura. A rapazada, previamente, mantívose en contacto por carta e redes sociais dende hai uns meses. Fíxosenos curta a experiencia e todos temos ganas de máis. Un saúdo para Begoña, a nosa compañeira que traballa alí e para o seu alumnado. Agardamos vervos por aquí algún día. Estades convidados!! Bicos dende Arteixo para Londres!!!  

O galego no mundo: Londres

Hoxe falamos con algúns dos rapaces de 2º da ESO que estudan galego nun instituto de Londres, o IE Cañada Blanch. Brian, Paloma, Juanes, Marinueva e Natalia cóntannos a súa relación con Galicia e co galego e convídannos a visitar os seus lugares máis queridos de Londres. Podemos seguir a súa actividade a través do seu blog Fala Londres ou seguilos polo facebook na páxina Galego en Londres.

O galego no mundo: Heildeberg

Hoxe conversamos cunha alumna da universidade de Heildeberg que responde as preguntas formuladas por alumnos de 1º ESO.Heildeberg

O galego no mundo : Oxford

Hoxe falamos con estudantes de Oxford. Eles estudan galego dende hai pouco tempo, pero xa son capaces de falar un galego fluído.

O galego no mundo

Hoxe falamos con Patricia e Jessica que responden ás nosas cuestións dende o Algarve.

Conversamos con Xurxo Souto

Os alumnos de 3º ESO C conversan telefonicamente con Xurxo Souto sobre a figura dun dos grandes da música galega, Pucho Boedo, con motivo da presentación sobre Pucho que fixeron no I Congreso escolar Superación e resistencia. Xurxo Souto é un persoeiro galego ben coñecido por ser o vocalista do grupo de rock bravú Os Diplomáticos de Monte Alto e por conducir durante anos varios programas sobre música galega na Radio Galega.  

Conversamos con Iván Prado

Velaquí un novo proxecto de Fiestra Aberta. Ainhoa , de 3º ESO D, no nome dos compañeiros da súa clase, conversa con Iván Prado. Iván Prado forma parte do colectivo Pallasos en Rebeldía e é un dos impulsores do Festiclown, o máis importante festival internacional de clown. Ambos falan sobre proxectos de circo social transformadores da realidade en lugares tan dispares como Galicia, Chiapas, Palestina ou Brasil.

Conversamos con Iván Montero

Os alumnos de 3º ESO E entrevistaron hai non moito a Iván Montero, un veciño noso de Arteixo que desgraciadamente o ano pasado perdeu as pernas nun accidente de tráfico cando adestraba coa bicicleta. Podedes ver a entrevista enteira para coñecer de preto o proceso de superación persoal este home, pai dun dos alumnos do noso instituto, que non se rende e está a prepararse para os vindeiros xogos paraolímpicos. Javi Naya, Adrián Lestón, Daniel Álvarez e Daniel Romero son os encargados de conducir esta entrevista no nome dos seus compañeiros.