EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0026

PRESENTACIÓN DE VÉRTICE DE VERSOS E ENTREGA DE PREMIOS DO EDL.

O director de cine, Carlos Lorenzo, presentou no noso centro o excelente traballo documental, VÉRTICE DE VERSOS. Trátase dun filme que dá conta do fantástico momento que vive a nosa poesía, xurdida da man de poetas novos que están conquistando, non só lectores en Galicia, senón tamén máis aló das nosas fronteiras. A profesora Teresa Seara foi quen conduciu a presentación e fixo posible que esta obra se proxectara no IES Manuel Murguía. Aproveitando a ocasión, pedímoslle a Carlos que fixera entrega dos premios do Equipo de Dinamización Lingüística, ó que accedeu moi amablemente. Os galardoados foron: -David Sánchez Ferrol, como gañador do II Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía. -Azahara Díaz Rodríguez, vencedora no II Certame de Deseños Adhírete ás Letras. -Verónica Rodríguez Rossi, accésit no certame de debuxos citado arriba.

DSC_0005

EXPOSICIÓN SOBRE Mª Vª MORENO

O alumnado do IES Manuel Murguía realizou unha exposición sobre a escritora María Victoria Moreno, autora á que se lle dedica o Día das Letras Galegas 2018. Poderedes atopar diferentes estilos artísticos, dende os máis realistas ata as formas máis vangardistas. Cos dous mellores decidimos facer carteis e chapas en honor á autora homenaxeada. A exposición átopase nos corredores do primeiro andar do edificio novo.   Agardamos que vos gusten!  

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, aproveitamos para facer entrega dos premios dos certames de poesía e deseños que convocou o EDL do centro e que contou coa colaboración do Departamento de Actividades de Biblioteca. Ademais  o alumnado foi obsequiado con agasallos   polo seu labor na actividade de elaboración de caligramas. Finalmente lembramos a Carlos Casares coa lectura de textos deste autor por parte de Anxo e Alba de 3º D ESO. Os gañadores na categoría de poesía do I Certame Viveiro de Poetas foron: 1º Premio:  Alba Figueroa Paniza (2º A Bacharelato) 2º Premio: David Rodríguez Ramos (2º A Bacharelato) O gañador na categoría de deseños foi: Iván Brea Regueira (4º B ESO) Agardamos que o acto fose do voso agrado. Parabéns a tod@s!!!  

logo fala raio 312x312

CERTAMES LITERARIO E DE DESEÑO FALA DE RAIO

Convocamos ós alumnos matriculados no IES Manuel Murguía de Arteixo para participar nos certames de poesía e de deseño, este último sobre Carlos Casares. Tedes as bases nos taboleiros e paredes do centro. Animádevos a participar!

carlos-casares

DÍA DA LETRAS GALEGAS 2017. CARLOS CASARES.

O autor elixido este vindeiro ano 2017 para ser homenaxeado no Día das Letras Galegas é Carlos Casares. Trátase dun excelente narrador que acabará engailándovos coa súa maneira de escribir. Este curso tedes algunhas obras del como lecturas obrigatorias en diversos cursos (Vento ferido, Os escuros soños de Clío…) e á vosa disposición na biblioteca do centro moitas outras que, de seguro, vos gustarán. Gozade coa lectura!!            

Homenaxe a Manuel María

Os alumnos de 1º ESO recitan poemas de Os soños na gaiola.Os soños na gaiola

o merlo

mayo 22, 2016 by LETRAS GALEGAS No Comments

O mar. Recitamos a Manuel María

Lectura de poemas O marde Os soños na gaiola de Manuel María.

Lectura de poemas de Os soños na gaiola de Manuel María.O chifre

Os xogos. Recitamos a Manuel María

Lectura de poemas de Os soños na gaiola de Manuel María.Os xogos