EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Paula Carballeira

Quentando motores para o Tíralle da lingua con Paula Carballeira

Paula Carballeira non para. Tras o éxito que acadou hai uns cantos días no Festival Internacional de Narración Oral Atlántica, rodeada dos mellores contacontos do mundo, tivémola unha vez máis no noso instituto, transmitíndonos historias, de medo, de dragóns ou de acotío, pero todas elas extraordinarias. Foi unha sorte para os alumnos de primeiro ciclo do IES Manuel Murguía asistir ao seu espectáculo. E agora, a contar vós! Lembrade que xa se convocou o concurso“Tíralle da lingua” e que, coma sempre, ten grandes premios. É a vosa oportunidade, contistas! Mirade as bases do concurso.

Recital Lucia Aldao e Maria Lado-Arteixo

Recital de María Lado e Lucía Aldao no Centro Cívico

febrero 25, 2015 by NO ESCENARIO No Comments

María Lado e Lucía Aldao son poetas, mais non poetas calquera! Onte asistimos a un recital que che reconcilia coa arte! Música, xogos, historias e risa, moita risa, é o que tivemos no Centro Cívico con estas dúas mozas que saben rachar cos tópicos asociados á poesía e, especialmente, á poesía en galego. Os rapaces de 4º ESO non o van esquecer!  

letras galegas_teatro_paso de valverde (7)

Díaz Castro por Paso de Valverde

Onte os alumnos de 3ºESO e 4ºESo do noso centro achegáronse dunha maneira ben divertida á poesía de Xosé María Díaz Castro, poeta ao que este ano se lle dedica o Día das Letras Galegas. Os actores da Asociación Teatral “Paso de Valverde” de Arteixo viñeron ao instituto e fixeron unha fermosa lectura dramatizada que non nos deixou indiferentes!    

Tíralle da lingua no IES Manuel Murguía

Xa temos representantes para o Tíralle da lingua

Onte  no Salón de Actos tivo lugar a fase de selección dos nosos representantes para o concurso de contacontos do Tíralle da lingua que vai ter lugar en Santiago o vindeiro 24 de abril. Na categoría de primeiro ciclo os nosos representantes van ser Julia López Canay e Carmen Martínez Canedo, de 1º ESO C, co espectáculo “Pais, nais e debuxos animados”. Na categoría de segundo ciclo, Jorge Gálvez Nemiña, Mihai Anton Gaspar e Roque Ruíz Soto, de 3º ESO B, volverannos representar por segundo ano consecutivo, centrándose esta vez no “Estrés na discoteca”.  Que cracks! A preparar e afinar o noso espectáculo e ánimo!!