EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Curtametraxes presentadas a cinEOI 2017

Aquí tedes as curtametraxes que se presentaron do noso centro para participar no festival cinEOI 2017 Nós, familia Unha relación tóxica Dobre identidade Problemas e máis problemas Celos matadores Día 13 A rosa seca Problemas de estudantes A sorte de Pepa A linguaxe dos teus ollos Nais Un roubo inesperado        

DSC_0235

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

Na biblioteca do centro tedes xa unha fermosa exposición sobre Carlos Casares, escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas 2017. Ademais tamén recollemos os vosos fermosos debuxos sobre o autor, que presentastes ó certame de deseño. Aquí tedes algunhas fotos:  

DSC_0193

O alumnado de 4º ESO visita Sargadelos/O Castro (Sada) e o pazo de Mariñán (Bergondo)

mayo 7, 2017 by ACTIVIDADES, VISITAS No Comments

O venres 5 de maio visitamos cerámicas O Castro e o pazo de Mariñán. Os rapaces e rapazas do centro puideron percorrer as instalacións da fábrica creada por Isaac Díaz Pardo e Luis Seoane, entre outros. Alí puideron ver como era o proceso de produción e a galería de exposición e ventas. Ademais tiveron a amabilidade de ensinarnos o museo, onde hai orixinais de artistas da talla  de Castelao, Laxeiro, Seoane, Díaz Pardo, Maside, Lugrís… Despois desprazámonos a Bergondo para visitar o pazo de Mariñán, onde nos contaron a súa historia e nos ensinaron as obras de arte que alí se conservan. Tamén tiveron tempo para pasear polos seus fermosos xardíns a carón do río Mandeo, e para gozar das fermosas vistas con Betanzos ó fondo. O próximo día 12 de maio volveremos con outros dous grupos. Aquí vos deixamos algunhas fotos. Parabéns  unha vez máis polo voso comportamento!!!    

DSC_0157_01

CinEOI 2017. O NOSO CENTRO VOLVE CON TRES PREMIOS

mayo 1, 2017 by ACTIVIDADES, CINE, CINEOI, CONCURSOS No Comments

O noso alumnado volve demostrar un ano máis que en Arteixo hai unha excelente canteira de actores, actrices, directoras e directores de cine. A participación do IES Manuel Murguía foi a máis numerosa (12 películas) do certame que cada ano convoca  o EDL da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Este ano os premiados polo noso centro  foron Dobre identidade (2º premio e premio Ben Falado, ó coidado da lingua) e A rosa seca (3º premio) . As autoras de Dobre identidade son Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martínez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López González-Rubiera e  Lucía Sánchez Souto; premiadas con 150 euros e 250 euros nun vale para libros. A rosa seca  foi realizada por Beatriz Mouzo Gerpe, Rebeca Del Río Rollón, Sara Montero Cordero e Irene García Soto; galardoadas con 100 euros.   Non debemos esquecer tampouco a enorme calidade do resto de películas que presentou o noso centro, xa que calquera delas podería estar premiada. Polo tanto, debemos felicitar a todo o alumnado de 1º de Bacharelato que realizou estas curtametraxes e en especial ós autores das presentadas ó certame. Participaron este ano as seguintes películas, por parte do IES Manuel Murguía:   -Dobre identidade. (Alba Blanco Rodríguez, Alba [...]

IMG_0376

O TÍRALLE DA LINGUA CONTOU COA PRESENZA DO NOSO ALUMNDO NA FASE FINAL DE SANTIAGO

TÍRALLE DA LINGUA, FINAL EN COMPOSTELA Parabéns a Martín, Pedro, Joel e Daniel!  Melloraron con ganas os seus relatos nas súas actuacións, mais o nivel dos/as participantes foi moi alto, viñemos co agasallo dos aplausos recibidos e das risas e emocións vividas nesta XVII edición, na que participaron centros das catro provincias galegas. Parabéns tamén aos gañadores do CEIP Fogar, de Carballo; do CEIP A Mariña, de Reinante; do IES Díaz Castro, de Guitiriz; do Aquis Querquennis, de Bande (con premios en dúas categorías!!) e do IES Aquis Celenis, de Caldas de Reis, e o noso agradecemento á Asociación Socio Pedagóxica Galega polo seu traballo á fronte deste certame, potenciando a diversión e o valor da nosa lingua Actuación Joel e Daniel 1º Bacharelato Actuación Martín e Pedro 1º G Foto da entrega de premios no Teatro Principal Foto dos palcos do Teatro Principal de Santiago, onde se celebrou a fase final.   Foto dos nosos representante durante a primeira fase de centro.    

IMG-20170423-WA0019

O alumnado do club de lectura visitou o centro Ágora na Coruña

Esta semana alumnado do noso centro, pertencente ó club de lectura da biblioteca escolar, asistiu a un obradoiro literario que se desenvolveu no ÁGORA  da cidade herculina. Alí tiveron lugar diferentes actividades relativas á creación literaria e deixaron fluír a arte que levan dentro unha vez máis. Parabéns a tod@s pola vosa actitude e comportamento!!!

EDDLG principal

Gañadores dos certames Viveiro de Poetas e Adhírete ás Letras

O xurado do EDL do noso centro vén  de decidir os gañadores dos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do IES Manuel Murguía de Arteixo. Estes son os premiados: -I Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo. 1º Premio: Quen queira escoitar que escoite. Alba Figueroa Paniza. 2º Bacharelato A. 2º Premio: Bágoas de Tinta. David Rodríguez Ramos. 2º Bacharelato A.   -I Certame de Deseños Adhírete ás Letras do IES Manuel Murguía de Arteixo. Gañador: Iván Brea Regueira.  4º B ESO.   Nos vindeiros días comunicarémosvos a data de entrega dos premio. Parabéns para vós e agradecemento sincero a todos os participantes pola calidade e a cantidade dos traballos que concorreron a ambos certames.

DSC_0043

EXPOSICIÓN DE CALIGRAMAS NA BIBLIOTECA DO ALUMNADO DE 4º ESO

marzo 19, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Aquí tedes os traballos que presentan os mozos e mozas do noso instituto como homenaxe ós autores das vangardas literarias e artísticas en xeral. Achegámosvos algunas fotos para poidades gozar da súa creatividade, pero sobre todo convidámosvos a contemplalas na biblioteca. Agardamos que vos gusten!!!

EDDLG principal negativa

COORDINADORA DE EDL

marzo 11, 2017 by ACTIVIDADES No Comments
logo fala raio 312x312

CERTAMES LITERARIO E DE DESEÑO FALA DE RAIO

Convocamos ós alumnos matriculados no IES Manuel Murguía de Arteixo para participar nos certames de poesía e de deseño, este último sobre Carlos Casares. Tedes as bases nos taboleiros e paredes do centro. Animádevos a participar!