EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Fura trompos

Outras variantes sociais do xogo do trompo… En fin, esperemos non acabar mal. Polo teu ben, practica Rompe trompos. É unha variante do xogo do círculo no que se “ataca” o trompo dos outros para paralo ou sacalo do círculo. Neste caso lánzase de forma brusca e inténtase darle co ferrón no pirucho do outro. Neste caso, os trompos sofren as consecuencias: desde unha marca ou “becho” ata partir o trompo. De aí o nome do xogo.

CANTO SABES DE -1- PREGUNTA

Canto sabes de? 1

Como podo ver a pregunta antes do luns? Clica no Gústame e faite amigo do noso Facebook. Que prazo teño para contestar? Do luns 11 ao domingo 17 de novembro. Como fago para contestar? Vai á sección Participa desta web e cubre o formulario: No asunto da mensaxe indica: “Canto sabes de?” Na mensaxe indica a túa resposta. Hai grandes premios? Si, un premio para o acertante de máis preguntas de cada ciclo. Os premios recibiranse en maio.          

Cartel do concurso de contos de medo do IES Manuel Murguía

Concurso “Medo me dás”

Participa no novo concurso do IES Manuel Murguía e fai un conto terrorífico. Onde publico o meu conto? Na sección “Eu falo” deste portal. Se non son usuario da páxina, como podo publicar? Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina). Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”. No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina. Se xa son usuario da páxina, como podo publicar? Entra no teu panel de control picando aquí. Introduce o teu Usuario e Contrasinal. Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto. Pica na categoría “Literario” Ponlle ao teu texto a etiqueta “medo” Se non me aclaro, que podo facer? Escribe un correo electrónico a faladeraio@gmail.com explicando o que che pasa. Axudarémoste. Haberá premios? Claro, e serán terroríficos. Cando recibirei o premio? A entrega dos agasallos terá lugar na gala final de curso. Premiarase aos vencedores de todos os concursos promovidos por Fala de raio.

trompo-xogoscolectivos-circulo

Xoga ao trompo con amigos

O xogo do trompo ten moitas variantes sociais: A sorte da “raia”. Para saber quen comeza a xogar en calquera xogo, bótase a sorte da raia, que consiste en que todos os xogadores lanzan o seu peón cara a unha raia. A orde de colocación para empezar dependerá da distancia á que quede cada peón desa raia. O primeiro será o que quede máis preto. O xogo do círculo. Trázase un círculo no chan e faise bailar o trompo. Deseguido outro compañeiro lanza o seu coa finalidade de sacar o trompo do primeiro do círculo. Así van lanzando todos os participantes. Gaña quen dá mantido o seu trompo dentro do círculo. Sacar obxectos. É outra variante do xogo do círculopero o que se intenta sacar neste caso son outros obxectos: bólas, chapas, moedas… O cadeliño: báilase o trompo e condúcese colocando a piola arredor do ferrón e xuntando os dous cabos nas mans para facilitar o seu desprazamento.

trompo-habilidades-levantalococordel

Es un virgalleiro co trompo?

Que clase de virgalladas sabes facer co trompo? Atréveste co ascensor? Faille un lazo coa piola arredor do ferrón, colle a piola polos dous cabos e tira dela cara a arriba levantando o peón no aire e recolléndoo bailando na cunca da man. Dás feito a serra? Baila o trompo e coloca a piola arredor del, collida cunha man polos dous cabos e pola dobrez coa outra. Axústaa o máis posible ao ferrón e levántaa no aire. Vai inclinando o cordel para que o peón se desprace polo raíl que formaches.Practica e fai fotos ou grávate. Colgarémolas da web.

trompo-habilidades-bailalonope

O trompo, báilao no corpo

Onde dás bailado o trompo? Na cunca da man? No dedo? No pé? Na perna? No peito? Lembra: o 11 de novembro, exhibición de trompos no IES Manuel Murguía.  Practica e fai fotos ou grávate. Colgarémolas da web.

trompo-tuneado (2)

Tunea o teu trompo

Hai moitos xeitos de personalizar o teu trompo. Podes pintar nel bandas horizontais que fan un curioso efecto multicolor ao bailar o peón. Podes deseñar caras ou outros motivos decorativos que che gusten. Fíxate nos bonitos peóns que se decoraron outros anos no instituto na clase de Plástica. Tunea o teu e tráeo o día 11 á xornada de exhibicións que vai ter lugar no instituto. Buscaremos o máis orixinal.

Canto-sabes-de-post_720x520

Canto sabes de…?

Hoxe comeza cun novo concurso de cultura xeral no IES Manuel Murguía. En que consiste? Todos os luns sairá unha tarefa que haberá que resolver. Terás que investigar, preguntar, navegar… para solucionala. Demostra que tes neuronas na cabeza Onde aparecen as preguntas? Nesta páxina, na sección do certame “Canto sabes de?“ No noso facebook. Para participar, preme no Gústame e faite amigo. Na porta da biblioteca. Cando aparecen as preguntas e cando podo contestalas? As preguntas publícanse cada luns e tes ata o luns seguinte para contestalas. Onde respondo as preguntas? Nesta web, na sección Participa. Cubre o formulario, identificándote co teu nome e correo electrónico: No asunto da mensaxe escribe: Canto sabes de? Na mensaxe: escribe a túa resposta á pregunta desa semana Hai grandes premios? Si, para os que contesten o maior número de preguntas de cada ciclo educativo: un premio para o gañador de 1ºESO e 2ºESO un premio para o gañador de 3ºESO e 4ºESO un premio para o gañador de 1ºBAC e 2ºBAC. Cando recibirei o premio? Na gala final de curso, na que se agasallará a todos os vencedores de todos os concursos promovidos por Fala de raio.  

trompo-apaisado_750x380

Polo San Martiño, trompos ao camiño

Como di o refraneiro popular, “polo San Martiño, trompos ao camino” e “polo San Amaro, trompos ao faiado”. Iso significa que o trompo se xoga tipicamente nesta época do ano, entre o 11 de novembro e o 15 de xaneiro. O trompo chámase tamén peón, buxaina, bailarete… É un xoguete de madeira que leva na súa punta un cravo de ferro ou ferrón sobre o que vira o trompo. A parte de arriba chámase pirucho e a máis ancha é a barriga. Para facer bailar o trompo hai que amarrar unha piola, que é unha corda de medio metro que se amarra da maneira máis tensa posible arredor da barriga do trompo e que se solta rapidamente para facelo virar. No estremo d a piola adóitase facer un nó para evitar que escorregue entre os dedos. Claro que outro refrán moi noso di, que “polo San Martiño, castañas e viño”, e que “as castañas que despois do San Martiño quedan no souto, son do moucho”. Así que antes de que o moucho se apodere delas, a bailar o trompo, a facer magostos.

10 express – Música de gaita

abril 21, 2012 by ACTIVIDADES, RADIO No Comments

O título dío todo. Hoxe o programa versa sobre o noso instrumento máis característico: a gaita.