EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Poema de amor. Raquel, Andrea e Ander. 4º B ESO.

Poderá anubrarse o sol eternamente, poderá secarse nun instante o mar, poderá romperse o eixe da terra, coma un débil cristal. Todo sucederá!   Poderá a morte cubrirme cun fúnebre crespón; pero xamais poderá apagar a chama do teu amor.   Raquel, Ander e Andrea. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor – Diego Blanco e Alejandro López. 4º E ESO.

Acórdate do día acórdate do mes no que os nosos beizos se rozaron por primeira vez.   Non teño medo, máis o meu corazón empeza a latexar cando te vexo se ti souberas como te quero, se ti souberas cal é o meu único desexo, porque o meu único desexo, es ti. Diego Blanco e Alejandro López. 4º E ESO.

EDDLG principal

101 Lunares. Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.

101 lunares admiro, como Xulieta a Romeo antes de morrer. 101 lunares observo, de tal maneira que a dona destes me mira con despeito, pero non di ningunha palabra. Bástame mirala aos ollos para comprobar que o seu corazón xa non é dela, senón meu. 101 lunares simbolizando todas as estrelas coexistindo en aqueles escuros abismos, chamados luceiros. Un simple defecto lóbrego, que desculpa cando sorrí. Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Kevin Blanco Vázquez e Ismael Fernández Felpete. 4º C ESO.

A lúa e o sol No ceo hai dous reinos ben separados, os seus monarcas están namorados.   Falo da lúa e falo do sol, sempre agochados tras do seu amor.   O sol sae cedo ha de madrugar, cando chega a lúa tense que agochar.   Dálle moita mágoa, tamén moita pena, non pode ver a lúa cando está chea. Kevin Blanco Vázquez e Ismael Fernández Felpete. 4º C ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. María Muñiz Veiga e Lucía López Calvete. 4º C ESO.

Os teus ollos azuis calmados azuis como o mar mar de sentimentos mutuos eramos nós, dous namorados.   Todo semellaba calmado como un barco que navega nese mar de sentimentos.   Un barco tranquilo que ignoraba os problemas e todo aquilo que aproveitaba pequenas brisas todo ía amodo ninguén tiña presa.   Un día chegou a tormenta todo mudou Por que os teus ollos cambiaron? aquel azul como o mar aquel azul como o ceo Onde queda o noso ceo cando tumbados, todo semellaba sinxelo falabamos coa mirada, pero un día, mireite aos ollos e non vin ese amor que gardaban, sentíate lonxe estabas ó meu carón non me digas amor se os teus ollos reflicten dor. María Muñiz Veiga e Lucía López Calvete. 4º C ESO.    

EDDLG principal

Poema de amor. Ainhoa Lista, Nerea Mato e Irene Lafuente (4°E)

Ti fuches de poucas palabras, e eu de todas Ti fuches de instantes, eu de infinitos Ti eras de gardar, de non dicir, de non mirar… eu só era de voar. Ti eras de non apostar, de non soñar, de non deixarte levar… e eu entendín o que eras, eras do verbo ser, non do estar. Ainhoa Lista, Nerea Mato e Irene Lafuente. 4º E ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Antía Blanco, Valeria Lema e Florencia Delbono. 4º E ESO.

O amor move o mundo é un sentimento profundo faite sentir moi contento pero pode facer moito dano   O amor vese nos teus ollos cando me ves aparecer eu sinto o mesmo cando te vexo ao amencer Antía Blanco, Valeria Lema e Florencia Delbono  4ºE

EDDLG principal

Reflexión sobre o amor. Ainoa Perpiñá. 3º D ESO.

Como definir o amor…Eu prefiro chamalo ilusión por encontrar a alguén que che fai sacar un sorriso nos momentos máis complicados da vida de cada un/unha. Ás veces pode ser non correspondido,  esta é a peor parte que ten o amor, xa que non estás feliz, porque o que sentes por esa persoa non é mutuo, entón cérraste cada vez máis, ata que ninguén consegue facerche sorrir. Pero outras veces o amor é compartido polas dúas persoas, cando o miras e enmudeces, ou só sacas un sorriso, tamén cando o ves e sénteste nerviosa, inqueda, … cando sentes que algo está a remexer o teu estómago, aí e cando sabes que estás namorado/a desa persoa e el/ela sente o mesmo por ti. Ainoa Perpiñá Iglesias. 3º D ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Boquete e Leo 4ºB

Podo estar afastado de ti, pode rematar o mundo, pódesme mentir aínda que así quede moribundo. Que eu seguireite amando como no primeiro instante, que eu seguireite esperando aínda que estea distante.  

EDDLG principal

Poema de amor. Meryem Ezzekraoui 4ºB

Haberá un millón de comezos, un millón de finais, en todos eles estamos ti e máis eu percorrendo novos lares . Porque así quero a miña vida compartindo momentos contigo, cada un dos meus días, un amor infinito. Meryem Ezzekraoui. 4º B ESO.