EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Reflexión sobre o amor

Na miña opinión o amor importante é o que un ten cara a súa,do outro amor pódese prescindir (pero axuda a facer o día a día máis levadío), xa que cando nacemos si temos o amor cara á familia, pero non cara ninguna persoa allea ao noso entorno nese momento.

Poema de amor

Amors, mercé no sia no t’abandonasses, Que lo meu cor desire membrando me matasses E non e credería que t’amor me faltasse, Ne a la vita mía per altres me camiases.    

Esta é a triste realidade

Xuntos camiñando pola praia xuntos dende neniños Deitados con medo a perdernos nos soños Medo a quedarnos sós rezando perdón… Un perdón que nunca chegará.

Poesía de San Valentín

febrero 2, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

12/2/1996 Estarei, estarei, estarei namorado? Estarei, estarei, estarei enfeitizado? Non sei o que pasa será un meigallo? Ti, linda rapaza, tesme namorado! 14/2/1996 Querida, queridiña, queridísima namorada de longos e oscuros cabelos, pel branca e fermosa mirada Toleachesme, neniña! Toleachesme; ruliña! Por iso eu che escribo querida, queridiña, queridísima namorada teñoche na mente teñoche na alma 18/2/1996 Cando queras que che queira e chores coma unha nena. Corre, ve e dillo a calqueira o porqué da túa pena. Chora nena, nena chora cando vexas o que che desacouga ese home de ollos verdes e sorriso que namora Marchou e levou o teu corazón. Marchou e levou a túa ilusión. Xogou contigo coma ti, cun humilde servidor. Carla Rama Carballo 4º D

• POEMA DE AMOR , GALEGO , ÓSCAR CABREJO , CARLA PARDO , PABLO ATRIO E NEREA CABREJO

Se ti souberas o que eu sinto por ti… Querote tanto que esa palabra non me cabe no corazón Intentei esquecer o amor que eu sinto por ti pero non podo olvídalo. Hai amores que duran para sempre, Ainda que non estén xuntos. Non quero volver a verte , quero verte volver. O que eu non quería era enamorarme de esa maneira…

Poema: Carla Pardo,Nerea Cabrejo ,Oscar Cabrejo, Pablo Atrio

TITULO:O AMOR NON SEMPRE E CORRESPONDIDO Se ti souberas o que eu sinto por ti… Querote tanto que esa palabra non me cabe no corazón Intentei esquecer o amor que eu sinto por ti pero non podo olvídalo. Hai amores que duran para sempre, Ainda que non estén xuntos. Non quero volver a verte , quero verte volver. O que eu non quería  era enamorarme de esa maneira…

paula carballeira

PAULA CARBALLEIRA estará connosco o vindeiro 17 de febreiro de 2017

enero 27, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

O día 17 de febreiro a escritora e actriz Paula Carballeira deleitaranos cunha chea de contos para que riades a cachón. Esta actividade está vencellada ó Tíralle da Lingua deste ano, e serviranos para abrir boca e para que vos inspire á hora de realizar os vosos monólogos. Preparádevos ben, temos que conquistar Santiago!

Andrea Maceiras Europa Express

ANDREA MACEIRAS VISITARÁ O IES MANUEL MURGUÍA

enero 27, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

O vindeiro 21 de febreiro de 2017 a autora de Europa Express estará convosco para que comentedes con ela esta premiada obra. O acto terá lugar no Centro Cívico de Arteixo para poder aproveitar que contamos alí con maior espazo. Ide preparando as vosas preguntas!

cupido psique

CHEGA O MES DO AMOR

enero 27, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Convidámosvos a subir ó blog de Fala de Raio poemas, cartas ou reflexións sobre o amor,  neste mes de bicos e flores. Para poder facelo debedes estar rexistrados. Se non é así tedes que solicitar o rexistro dos seguintes xeitos: -Na pestana Participa. -Na pestana Blog, abaixo de todo, debedes picar en Rexístrate. En pouco tempo recibiredes a clave e con ela ides ó blog e picades en Accede ó teu usuario. Agardamos a vosa amorosa contribución!

Anik Nandi

ANIK NANDI VISITARÁ O IES MANUEL MURGUÍA.

enero 18, 2017 by ACTIVIDADES No Comments

Anik Nandi estará connosco no mes de febreiro. Trátase dun sociolingüista bengalí que naceu en Burdwan, India, en 1981. É licenciado en Filoloxía Inglesa pola Universidade de Burdwan, e que na actualidade está desenvolvendo a súa tese de doutoramento en linguas e estudos interculturais na Heriot-Watt University (Edimburgo). Ademais é investigador en formación no proxecto da Unión Europea New Speakers in a Muntilingual Europe sobre os neofalantes de galego. Tamén e investigador asociado no Equipo de Sociolingüística do Instituto da Lingua Galega (USC) e colaborador na Cátedra UNESCO de Patrimonio Lingüístico Mundial da Universidade do País Vasco. Colabora ó mesmo tempo en diversas revistas culturais como Atlantis, Grial ou Papeles de la India. O obxecto da súa presenza no noso centro é o de falar sobre a situación de linguas minoritarias e minorizadas como o galego ou o bengalí, e a súa transmisión interxeracional.