EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

IES Manuel Murguía na final de Parlamento Xove 2014 no Parlamento de Galicia

Premio ao mellor dossier de investigación en Parlamento Xove 2014

O equipo do IES Manuel Murguía tivo a oportunidade de pasar unha xornada moi intensa nun lugar privilexiado: o hemiciclo do Parlamento de Galicia. Esta vez o noso equipo de debate non puido co IES de Becerreá, logo dun duro debate no que ao IES Manuel Murguía lle tocou defender a postura “en contra” no dilema “debe primar a seguridade dun país sobre a privacidade dos cidadáns?”. Non importa. Volvemos ao instituto coa satisfacción de quen viu o seu traballo recoñecido co Premio ao mellor dossier de investigación deste certame. Parabéns a Patricia, Juanlu, Darío e Iván polo seu gran traballo! Se queredes ver todas as fotos da fase de clasificación e fase final do Parlamento Xove 2014, entrade no Facebook de Fala de raio picando aquí.

Esta fin de semana, final do Parlamento Xove

E como sabedes, o IES Manuel Murguía clasificouse para a fase final, así que o venres agárdanos a primeira rolda desta eliminatoria: os cuartos de final. Os participantes nesta fase final poderán debater no Parlamento de Galicia e amosar neste grande escenario as súas habilidades retóricas. Patricia, Juanlu, Iván e Darío xa están preparados. O tema ao que se teñen que enfrontar os equipos de Bacharelato é o seguinte: A divulgación internacional do Caso Snowden deu a coñecer que a administración Obama está a controlar teléfonos e ordenadores de cidadáns particulares a través de xigantes coma Microsoft, Google ou Facebook e isto reabriu o eterno debate sobre a estreita liña que separa a liberdade individual sobre a seguridade dun territorio. Ao mesmo tempo que a sociedade sente conmoción ante o que semella un auténtico atropelo á intimidade, cada día parece que aceptamos con maior normalidade a exposición pública de información estritamente persoal e levamos connosco dispositivos que nos teñen xeolocalizados as 24 horas do día. Por tal motivo, o debate para os equipos de Bacharelato centrará a súa atención sobre a intimidade versus a seguridade: DEBE PRIMAR A SEGURIDADE DUN PAÍS SOBRE O DEREITO Á INTIMIDADE? Coma sempre, ata o momento mesmo do debate non saberán que postura teñen que defender. [...]

oratoriaadebate_xurado

A oratoria a debate

A pasada fin de semana o equipo de debate do IES Manuel Murguía asistiu ao obradoiro “A oratoria a debate” no Museo Pedagóxico de Galicia. Patricia, Darío, Juan Luís e Iván tomaron boa nota dos consellos e claves que proporcionaron os organizadores e mais o xurado para ter unhas boas intervencións na final de Parlamento Xove do vindeiro 26 de abril. Podedes ver a crónica e algunhas fotografías do evento neste enlace.

parlamento xove - manuel murguia - debate 01

Fotos da fase de clasificación de Parlamento Xove

Podedes ver as fotos da fase de clasificación de Parlamento Xove na nosa conta de Flickr.

ies-manuel-murguia-parlamento-xove

Eco na prensa da clasificación para a final de Parlamento Xove

Tras o duro traballo destas últimas semanas, o equipo de debate do IES Manuel Murguía obtén o recoñecemento polo seu meritorio sexto posto na prensa: saímos en El Noticiero de Arteixo, na Opinión da Coruña, nun blog de El Correo Gallego…

parlamentoxove2014-resultados-ies-manuel-murguia

Resultados dos debates Parlamento Xove 2014

Aquí tedes os resultados do noso equipo: dúas vitorias e unha derrota tras un desputado debate! Que mágoa! Non se pode ganar sempre!

Debate no Parlamento Xove entre o IES Manuel Murguía de Arteixo e o IES Menéndez Pidal da Coruña

O IES Manuel Murguía, clasificado para a final de Parlamento Xove

O IES Manuel Murguía conseguiu un meritorio sexto posto no torneo de debate  Parlamento Xove 2004 que se celebrou este sábado na Deputación da Coruña e no que participaban 24 institutos de toda Galicia. Podedes ver aquí a clasificación. Felicitamos aos nosos representantes, Patricia Caramés, Juan Luís Márquez, Iván Nemiña e Darío Pazos, de 1º de Bacharelato, que fixeron un destacadísimo papel no seu primeiro ano de participación nestes debates. Felicitamos tamén aos outros equipos clasificados, dos institutos Laxeiro de Lalín,  de Becerreá, da Pinguela de Monforte, de La Salle e do Divina Pastora. Mais isto non remata aquí. O 26 de abril será a gran final no Parlamento de Galicia, na que so estarán os 8 mellores deste campionato. Alí estarán de novo os nosos rapaces, poñendo a proba outra vez as súas capacidades de oratoria. Ánimo e a prepararse!!