EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Verso Libre. Hugo Herrador Segade. 2º ESO

marzo 21, 2019 by ACTIVIDADES, BLOG No Comments

Verso libre Estrofas… Todas iguais Sempre riman Pero nunca brillan. Sonetos, Cuartetos, Terceros, Liras… E que máis dá? Non debemos ser Estrofas. Debemos desencadearnos Soltarnos Liberarnos E converternos Dunha vez por todas En versos libres   Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO

Ámote por sempre, vermella Toda a noite durmín contigo fíxenche dano, alma miña? O meu corazón que ten espiñas tes que abrir porta a porta pouco a pouco, paseniño paseniño. Buscas traballo de 3 quendas xa que ninguén ve a túa coroa de cristal porque ninguén mira ben. Ti anímasme a recoller rosas aínda que non perdiches o amor que che quixen quitar. Eu ámote por sempre, vermella. Adrián Baliña Blanco, Inés Senra Rodríguez e Noa Souza Souto. 4ºC ESO

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Irene Ferreira Rabuñal. 4º C ESO.

Poema de amor Tan difícil e tan sinxelo soamente cunha palabra podo dicirche que te quero. Vergoña e medo atrápanme calada como gardando un segredo. Aínda non o expreso, algun día sairá? non o creo Vou, vou dicilo, que máis dá porque ti es a quen quero. Irene Ferreira Rabuñal. 4º C ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4º B ESO.

Poema de amor Quero ser as mans que percorren o teu corpo. Quero ser a persoa na que pensas día e noite. Quero escoitar “quérote” saíndo da túa boca. Quero que non te esquezas de min. As nosas noites son de paixón e os nosos días de sentimentos. A nosa relación é unha corda, sempre tira e afrouxa ata que un día rompa. Contigo sempre prefiro perder para despois gañar o teu sorriso. Quero que sexas o meu espertar. Quero que alegres todos os días da miña vida. Quero bicarte ata ás dúas da madrugada. Quero que me queiras. Amira Berrahou Bounous e Sandra Regueira Basoa. 4ºB ESO.

EDDLG principal

POEMA DE AMOR. Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco 4º C ESO.

Lembranza do meu amor   Desexo vivir nun soño, sentir a túa boca o meu refuxio. Eternamente de amores xuntos a través dos infortunios!   Unha razón pola que sorrir sempre sobrevive ás chamas. Gran amor da miña vida, cantos motivos derramas!   Latexa o meu corazón nunha longa despedida, sen esixirche algo a cambio miña amiga querida!   Lucía Sánchez Freire e Laura Marta Blanco. 4º C ESO

EDDLG principal

ESTRÁÑOTE. Ouiam Demough. 4º C ESO.

Estráñote   Non moito, moito é moi pouco . Aínda que moito é positivo, eu ódioo. Moitos km, e a terra non vai dobrarse. Moito tempo , non pasará rápido por nós. Moita esperanza , e non chega. Quizais temos que esquecer todo iso , e pensar en: Onde nos atoparemos ? Como o pasaremos ? E como aguantamos ! Eu penso no laranxa entre vermello e amarelo . No gris entre branco e negro . Nas fronteiras, entre España e Marrocos. Onde pasarían os momentos inesquecibles, e todos eses sufrimientos serán esquecibles. Pobre a miña vida, cre que mo complica , non sabe que o meu amor é, a distancia que hai entre nós e mais o tempo, canto máis lonxe e lento, máis te estraño e te adoro !   Ouiam Demough 4º C ESO

EDDLG principal

Un amor por San Valentín. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Un amor por San Valentín Mirándote Escoitándote Sentíndote Coas ganas sempre De verte. Que es a luz Que me iluminas Es a ledicia Do meu día Es o sol De todas as miñas mañás. E non sei Se algún día Te decatarás Pero érgome Pensando en ti. Con ganas de verte outra vez Pensando que terei valor De confesar o meu amor Que non sei se fago ben Ou non. Pero sabendo Que te quero Cun único obxectivo Na miña vida Quererte Cuns ollos Que solo se fixan en ti Cunha mente Que exclusivamente Pensa en ti. En como darche un bico Antes de que digas Arrepíntome Que non paro de pensar En como te namorar. En como abrazarte En como a ti arrimarme. En como lembrarte Que te quero. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Cristina Rivero e Nerea Vázquez 4ºB

Poema de amor.   Ela é a máis bonita, ela é pura dozura, quen me dera poder tela e mirar xuntos as estrelas.   Desexo estar con ela, mais ela non quere estar, pero sei que con esforzo, todo se pode lograr.   Non sei como nin cando, pero dela funme namorando.   Volvamos ao pasado, cando eu estaba xogando, ela coas súas amigas, polo camiño ían paseando.   Esa noite no meu cuarto, eu só andaba pensando, no que o sono me estaba quitando.   Aquela rapaza loira, alta e de ollos claros que facía días estivera ollando.   Cristina Rivero Villar e Nerea Vázquez Fornos. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor por Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4ºB ESO.

Poema de amor Non creo que teña que repetir o difícil que é para min, rompiches os meus esquemas e é por iso que non sei moi ben o que sinto por ti; Namoreime, namoreime das túas caricias que desprendían máis caricias, dous teus bicos que me facían desexar máis bicos. Non estás ao tanto das veces que te pensei, non sabes que estou farta de só palabras, e incluso de todas as palabras que esperei de ti. Non quero perderte, non quero nada diso; Só quero un día máis ao teu lado, e que se repita por sempre. Ainoa Perpiñá e Ana Cardona. 4º B ESO.

EDDLG principal

Amor extraterrestre. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

Amor extraterrestre O noso é doutro planeta Hoxe chámase Venus E mañá chamarase Marte Conectámonos por telepatía E sorrimos Ao ver ó outro sorrir. Estamos conectados E antes de cruzarnos Xa soubemos Que nos iamos encontrar O noso foi un amor A primeira vista Con medo de vernos E non volvernos A cruzar Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.