EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0339

ENTREGA DE PREMIOS EQUIPO DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA E BIBLIOTECA

Co gallo da celebración do Día das Letras Galegas 2017, aproveitamos para facer entrega dos premios dos certames de poesía e deseños que convocou o EDL do centro e que contou coa colaboración do Departamento de Actividades de Biblioteca. Ademais  o alumnado foi obsequiado con agasallos   polo seu labor na actividade de elaboración de caligramas. Finalmente lembramos a Carlos Casares coa lectura de textos deste autor por parte de Anxo e Alba de 3º D ESO. Os gañadores na categoría de poesía do I Certame Viveiro de Poetas foron: 1º Premio:  Alba Figueroa Paniza (2º A Bacharelato) 2º Premio: David Rodríguez Ramos (2º A Bacharelato) O gañador na categoría de deseños foi: Iván Brea Regueira (4º B ESO) Agardamos que o acto fose do voso agrado. Parabéns a tod@s!!!  

DSC_0235

Exposición sobre Carlos Casares na Biblioteca.

Na biblioteca do centro tedes xa unha fermosa exposición sobre Carlos Casares, escritor a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas 2017. Ademais tamén recollemos os vosos fermosos debuxos sobre o autor, que presentastes ó certame de deseño. Aquí tedes algunhas fotos:  

EDDLG principal

Gañadores dos certames Viveiro de Poetas e Adhírete ás Letras

O xurado do EDL do noso centro vén  de decidir os gañadores dos certames de poesía e deseños convocados polo EDL do IES Manuel Murguía de Arteixo. Estes son os premiados: -I Certame de Poesía Viveiro de Poetas do IES Manuel Murguía de Arteixo. 1º Premio: Quen queira escoitar que escoite. Alba Figueroa Paniza. 2º Bacharelato A. 2º Premio: Bágoas de Tinta. David Rodríguez Ramos. 2º Bacharelato A.   -I Certame de Deseños Adhírete ás Letras do IES Manuel Murguía de Arteixo. Gañador: Iván Brea Regueira.  4º B ESO.   Nos vindeiros días comunicarémosvos a data de entrega dos premio. Parabéns para vós e agradecemento sincero a todos os participantes pola calidade e a cantidade dos traballos que concorreron a ambos certames.

logo fala raio 312x312

CERTAMES LITERARIO E DE DESEÑO FALA DE RAIO

Convocamos ós alumnos matriculados no IES Manuel Murguía de Arteixo para participar nos certames de poesía e de deseño, este último sobre Carlos Casares. Tedes as bases nos taboleiros e paredes do centro. Animádevos a participar!