EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0404

CALIGRAMAS E POESÍA DE AMOR DO NOSO ALUMNADO

A rapazada de 4º ESO deléitanos coa súa arte literaria e plástica. Podedes contemplar nos corredores do edificio novo as súas creacións. Agardamos  que vos gusten os caligramas e poemas que fixeron. Aquí vos deixamos algunhas fotos.

EDDLG principal

Poema de amor. Enzo Quintáns Pinheiro. 4º B ESO.

UN AMOR PECULIAR   O meu amor é algo peculiar non se trata dunha moza, nin sequera é humano é algo que fago con todo o cariño; o que quero dicir con isto e que amo o baloncesto!   Enzo Quintáns Pinheiro. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Lydia Blanco e Emma Balbís. 4º B ESO.

Queriámosnos. O suficiente como para sentirnos sen vernos. Un amor deses que rabuñan a alma, que deixan sen respiración, que te fan sorrir cos ollos pechados.   Queriámosnos.   Cando nos mirabamos por uns segundos e esqueciamos que aí, fóra dos nosos corpos, seguía a vida apestando amores que non sabían nada de quererse.   Queriámosnos.   como se queren dous amantes que nunca se despiden porque saben que volverán os bicos produto do destino xogando coas súas vidas, ou coma aqueles que nunca se despiden aínda que non se volvan ver.   Queríate. Queríasme. Queriámosnos tanto e tan forte, tan imposible, que a cagamos exactamente coa mesma intensidade.   Lydia Blanco e Emma Balbía. 4º B ESO.

EDDLG principal

AMOR EFÉMERO.Poema de amor. Aurora Ramos e Helena Carballo. 4º C ESO.

Mirábao aos ollos e vía o noso futuro, mentres me collía das mans prometéndome un amor verdadeiro, eu podía notalo, eu sentía que era puro, el ollaba para min con corazón sincero.   Non sei que pasou, pero algo cambiou, xa non era o mesmo mirar de outrora. Algo moi fondo dentro de min quebrou, mentres eu morría por el, el pensaba noutra.   Un día confesou que non sentía nada, que outra moza o corazón lle roubou, e eu quedei alí desesperada, entendendo que a nosa historia rematou.   Que dor máis profunda sinto na miña alma, todos os soños rotos nun segundo, por esta negrura que me corroe as entrañas, levando consigo o noso prezado futuro.   Aurora Ramos e Helena Carballo. 4º C ESO.  

EDDLG principal

Poema de amor. Nicolás Calvo Domato. 4º C ESO.

Día no que te levantas da cama e non pasa nada é rutina. Sentar, calar e atender, pero entón chega o timbre á xente aceléraselle o pulso e todo é unha avalancha chocas mírate e vexo ese enorme sorriso uns ollos tan azuis comparables co paraíso. Entón entendes que a rutina é maravillosa. Grazas a iso podo volver a ver o teu sorriso.   Nicolas Calvo Domato. 4º C ESO.

EDDLG principal

DE SÚPETO DESCOÑECIDO. Poema de amor de Marina Boga Bello. 4º B ESO.

Ulíao, apreciábao nos seus ollos, tristura, dor, aquela que sen piedade e consideración, un amado de súpeto descoñecido lle provocou.   Podía voar, ela podía, mais era forte por dous o seu medo ás consecuencias.   Acoirazouno, iso fixo o seu corazón, non tivo medo, reconstruíuno. El seguiría latexando, por el, por ela, e por todos aqueles corazóns, que non o puideron facer.   Marina Boga Bello. 4º B ESO.  

EDDLG principal

Poema de amor. Daniel Casado Pérez. 4º B ESO.

Os meus beizos son fríos coma o xeo, os teus son coma o sol que ilumina o meu camino, cando os dous se xuntaron crearon unha explosión, o big bang que me deu a vida.   Daniel Casado Pérez. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor. Raquel, Andrea e Ander. 4º B ESO.

Poderá anubrarse o sol eternamente, poderá secarse nun instante o mar, poderá romperse o eixe da terra, coma un débil cristal. Todo sucederá!   Poderá a morte cubrirme cun fúnebre crespón; pero xamais poderá apagar a chama do teu amor.   Raquel, Ander e Andrea. 4º B ESO.

EDDLG principal

Poema de amor – Diego Blanco e Alejandro López. 4º E ESO.

Acórdate do día acórdate do mes no que os nosos beizos se rozaron por primeira vez.   Non teño medo, máis o meu corazón empeza a latexar cando te vexo se ti souberas como te quero, se ti souberas cal é o meu único desexo, porque o meu único desexo, es ti. Diego Blanco e Alejandro López. 4º E ESO.

EDDLG principal

101 Lunares. Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.

101 lunares admiro, como Xulieta a Romeo antes de morrer. 101 lunares observo, de tal maneira que a dona destes me mira con despeito, pero non di ningunha palabra. Bástame mirala aos ollos para comprobar que o seu corazón xa non é dela, senón meu. 101 lunares simbolizando todas as estrelas coexistindo en aqueles escuros abismos, chamados luceiros. Un simple defecto lóbrego, que desculpa cando sorrí. Carla Ferrín Martínez. 4º A ESO.