EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Don da palabra

O don da palabra, aquilo que consegue todos os propósitos do ser humano, o que move a sociedade ao seu antollo, capaz de conquistar calquera cousa se é ben utilizada, o don da palabra. Tendemos a infravalorala sen saber realmente de que é capaz, todos os altos cargos do mundo saben perfectamente como utilizala, o arma máis potente de todas, o don da palabra. Juan Darío Souto Pombo Samuel Balseiro Díaz José David Rodríguez Reyes

ASÍ É O AMOR

Todas as veces que te vexo, párase o tempo e con el os latexos do corazón , nese segundo só existimos ti e eu, nós, sós, os dous… Igual que nos meus soños, pena que só sexan iso e ao espertar darme conta de que todo iso non é a realidade. E as miñas ilusión vanse, desaparecen como as gotas de chuvia que escorregan nun cristal, neses días grises e escuros, nubrados pola miña tristeza é cando a realidade volve a min. Un día, 24 horas, 12 que paso pensando en ti , 12 soñando neses soños nos que ti apareces. Coa túa risa fasme feliz, non sabes canto. Felicidade que contrasta coa miña tristeza, xa que ao meu lado faltas ti, desexaría que estiveras compartindo os teus sorrisos comigo. Nós, sós, os dous…sería unha alegría para a miña vida nubrada, uns raios de sol que farían o meu soño feito realidade. Soñando sigo, ata cando non durmo. Nós, sos, os dous xuntos Pero volta a empezar, día escuro, vida nubrada. A realidade vén a min.   Lucía García Iglesias Uxía Verdía Pereiro Marisol Rama Mosquera 4º E ESO

ALMA PERDIDA- Poema San Valentín

Vida, que significado tes? Se só cos teus ollos me mantés nin deixas amar nin ser amada toda a miña vida por ti téñoa arruinada ALMA PERDIDA Cando te miro sorrir o meu corazón vai a mil E cando te vexo chorar O meu corazón xa non pode máis, vai explotar ALMA PERDIDA Flor de Lotto, ollos de vidro corpo de seda coma diamantes cultivados in vitro nada do doce froito da amabilidade beleza, harmonía e serenidade  ALMA PERDIDA Nin as adversidades do tempo nin a nostalxia do afastamento Conseguirán parar o meu sentimento onda ti Por que a vida é amar, e o soñó es ti ALMA PERDIDA Abdelhadi Daanouni 4eso°B

Achégate raparigo

Raparigo achégate e déixame marmurarche, todo aquilo que non puiden darche. Achégate raparigo, pecha os ollos e déixame confesarche todo aquilo que non puiden antes. Raparigo achégate e móstrame o teu mar, calmo e prácido que me sabe a fogar. Achégate raparigo, acaríñame os beizos coa túa pel, pequena lingua que me sabe a mel. Andrea Rodríguez e Nerea Cotelo (4ºC)

Quérote meu amor.

Ámote tanto, que non podo negalo, ámote tanto, que non podo ocúltalo. Este amor é tan grande, como un marabilloso océano, e tan fermoso como as follas en outono. Eres una persoa única, incríble en todos os sentidos, e cada vez que te miro, creo máis no que digo. Eu sei que sentes o mesmo, pero ás veces non o demostras, pero cando o fas, vólvese todo máis lindo. Prefiro afogarme no mar, ou morrer de frío, pero sen antes decirche, quérote meu amor. Por: Uxía Lema Grela, Safae Lemsahri Taiz, Carla López Iglesias

AMOR

      Co “a” de amor unha aperta moi longa Co “m” de amor estendo a man para acariñar un soño de felicidade Co “o” de amor ollos, oídos e olfacto ningún sentido me vai faltar Coa “r” de amor roubareiche o corazón para sempre xamais