EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Cartel do certame CinEOI 2014

CinEOI Curtas 2014

O IES Manuel Murguía colabora este ano na organización do cuarto festival CinEOI Coruña Curtas, excelente proposta do Equipo de dinamización lingüística da EOI da Coruña. Este ano como novidade incorpora unha sección xuvenil, na que poden participar todos os alumnos de secundaria da Coruña e tamén do noso instituto.

As curtametraxes deberán ser en lingua galega, non deberán superar os 10 minutos e poderanse remitir á EOI da Coruña ata o 28 de marzo.  Se queredes máis información podedes descargar as bases do certame, acceder directamente á web da EOI da Coruña, contactar coa profesora Begoña González ou escribir un mail a faladeraio@gmail.com.

Os días 9 e 10 de abril haberá no salón de actos da EOI da Coruña un festival no que se entregarán substanciosos premios para os gañadores de cada categoría. A presidenta de honra deste ano é Isabel Blanco, que reempraza aos padriños anteriores, Luís Iglesia e Luís Tosar.

Animádevos a participar!!