EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0157_01

CinEOI 2017. O NOSO CENTRO VOLVE CON TRES PREMIOS

mayo 1, 2017 by ACTIVIDADES, CINE, CINEOI, CONCURSOS No Comments

O noso alumnado volve demostrar un ano máis que en Arteixo hai unha excelente canteira de actores, actrices, directoras e directores de cine. A participación do IES Manuel Murguía foi a máis numerosa (12 películas) do certame que cada ano convoca  o EDL da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Este ano os premiados polo noso centro  foron Dobre identidade (2º premio e premio Ben Falado, ó coidado da lingua) e A rosa seca (3º premio) .

As autoras de Dobre identidade son Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martínez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López González-Rubiera e  Lucía Sánchez Souto; premiadas con 150 euros e 250 euros nun vale para libros.

A rosa seca  foi realizada por Beatriz Mouzo Gerpe, Rebeca Del Río Rollón, Sara Montero Cordero e Irene García Soto; galardoadas con 100 euros.

 

Non debemos esquecer tampouco a enorme calidade do resto de películas que presentou o noso centro, xa que calquera delas podería estar premiada.

Polo tanto, debemos felicitar a todo o alumnado de 1º de Bacharelato que realizou estas curtametraxes e en especial ós autores das presentadas ó certame.

Participaron este ano as seguintes películas, por parte do IES Manuel Murguía:

 

-Dobre identidade. (Alba Blanco Rodríguez, Alba Rial Busto, Angélica Ballesteros Flórez, Belén Martínez Rodríguez, Catalina López Novo, Leslizet López González-Rubiera e  Lucía Sánchez Souto)

-A rosa seca. (Beatriz Mouzo Gerpe, Rebeca Del Río Rollón, Sara Montero Cordero e Irene García Soto)

-A linguaxe dos teus ollos. (Jimena Boga Bello, Tamara Patiño López, Aida Yáñez Ferreiro)

-Unha relación tóxica. (Laura Suárez, Zoe Sande, Ana Iglesias, Andrea García, Celia Lorenzo, Daniel Romero e Rubén Sánchez)

-Un roubo inesperado. (Raúl Mouzo, Marco Antonio Pereira, Marcos Lorenzo, Miguel Maceiras, Miriam Carracedo e Saúl Roel)

-Problemas e máis problemas. (Thalía Cancelo Lorenzo, Miriam López Aradas e Malena Tuset Verdía)

-Problemas de estudantes. (Alejandro Viñán Bértoa)

-Nós, familia. (Diego Aldao, David Barreiro, Pablo Candales, Martín García, Alex Rey e Leandro Rodríguez)

-Nais. (Ana María Alonso Vázquez, Jairo Pazos Rey, Cristina Sánchez Vázquez, Sonia Sánchez Vázquez, e Uxía Varela Quintáns)

-Día 13 (Laura Botana Álvarez, Yeray Faquet Dans, Óscar Figueroa Carril, Arantxa Vara Martínez e Andrea Vecino Fernández)

-Celos matadores. (Daniel Romero Espiñeira, Julio Iglesias Fernández, Brais Abeleira Quintáns e Rubén Sánchez Edrosa)

-A “sorte” de Pepa. (Alba Lado Sendón, Concepción López Martínez e Marta Uzal Carabel)
 
PARABÉNS A TOD@S!!!
 
Aquí van algunhas fotos
 
 DSC_0166_01
 
DSC_0185_01
 
IMG-20170427-WA0028
 
DSC_0181_01
 
DSC_0179_01
 
DSC_0148_01

IMG-20170427-WA0036