EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Cartel do concurso de contos de medo do IES Manuel Murguía

Concurso “Medo me dás”

Participa no novo concurso do IES Manuel Murguía e fai un conto terrorífico.

  • Onde publico o meu conto?
    Na sección “Eu falo” deste portal.
  • Se non son usuario da páxina, como podo publicar?
    Vai á sección Participa  (pódela ver na parte superior dereita da páxina).
    Cubre o formulario e no texto da mensaxe solicita un usuario para o blog “Eu falo”.
    No prazo máximo dun día recibirás no teu correo electrónico un Usuario e un Contrasinal e as instrucións para entrar na páxina.
  • Se xa son usuario da páxina, como podo publicar?
    Entra no teu panel de control picando aquí.
    Introduce o teu Usuario e Contrasinal.
    Na pestana Entradas, “Engade unha nova entrada” co teu conto.
    Pica na categoría “Literario”
    Ponlle ao teu texto a etiqueta “medo”
  • Se non me aclaro, que podo facer?
    Escribe un correo electrónico a faladeraio@gmail.com explicando o que che pasa. Axudarémoste.
  • Haberá premios?
    Claro, e serán terroríficos.
  • Cando recibirei o premio?
    A entrega dos agasallos terá lugar na gala final de curso.
    Premiarase aos vencedores de todos os concursos promovidos por Fala de raio.