EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Condenado por amar. Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.

febrero 7, 2019 by ACTIVIDADES No Comments

Condenado por amar

Non entendo por que
Andar ás agachadas
Escondido do que amas
Escondido de ti.

Eu xamais me esconderei
Do meu amor
Porque non é delito quererte
Corazón.

Se fora un delito quererte
Estaría condenado
Atado, encadeado.

Se fora un delito quererte
Cadea perpetua
Sería  a miña sentenza.

Se fora un delito quererte
Eu quereríate máis.

Hugo Herrador Segade. 2º A ESO.