EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0010

CONECTADOS CO INSTITUTO CAÑADA BLANCH DE LONDRES

Neste final de curso puidemos levar a cabo unha videoconferencia co Instituto Vicente Cañada Blanch de Londres, onde se imparte a materia de Lingua Galega. Grazas a colaboración coa nosa compañeira, a profesora Begoña González Rei, que é docente nese centro, a rapazada puido gozar dunha amena conversa cos seus compañeiros e compañeiras londinenses, que se expresaban magnificamente na lingua de Rosalía.

Tratáronse temas tan dispares como os videoxogos, as cacharelas de San Xoán, ou  o día a día da vida en Londres e Arteixo.

Queremos dende Arteixo agradecer a vosa simpatía, especialmente a Begoña, por realizar o excelente traballo que está a desenvolver na capital inglesa.

Parabéns a tod@s!!!

Vémonos en Arteixo, ou en Londres!

 

DSC_0009DSC_0008DSC_0010DSC_0004DSC_0001DSC_0002