
CONTACONTOS GALEO/INGLÉS CON CHARO PITA E PATRICIA MACGILL
O martes, 21 de xaneiro, alumnado de 1º, 2º ESO, e rapazada do club de lectura tiveron a sorte de asistir a unha sesión de relatos orais en galego e inglés, a cargo das actrices Charo Pita e Patricia McGill.
Os contos, procedentes de diferentes culturas e países, serviron para achegarnos a diversas maneiras de entender o mundo e tamén para comprender que as cuestións que nos preocupan, en realidade, son as mesmas.
Grazas a Charo Pita e Patricia McGill, e parabéns polo seu comportamento, unha vez máis, ao alumnado do Murguía.