
CONTOS DE MEDO NO MURGUÍA CON PAULA CARBALLEIRA
O luns, 21 de marzo de 2019, visitou o noso centro Paula Carballeira (actriz, escritora, contacontos,…), quen nos deixou un sorriso na boca e algo de medo, despois de asistir á súa actuación.
Os fantasmas, mortos e demais criaturas propias do Samaín pasaron polo escenario do salón de actos, onde a rapazada gozou dunha hora moi divertida.
A actividade foi organizada polo Departamento de Lingua Galega e Biblioteca.
Moitas grazas a todas e todos os asistentes, á organización e, sobre todo, a Paula, por facernos pasar un anaco tan agradable e pola súa simpatía!!!
Aquí van algunhas fotos: