EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

miniatura lectores

Conversamos con… estranxeiros que aprenden galego

Inauguramos a sección “Conversamos con…” coa entrevista a estudantes estranxeiros que aprenden galego nas súas Universidades en Croacia, Polonia, Alemaña, Inglaterra, Gales ou Italia.

Varios alumnos de 1º ciclo da ESO fixéronlles estas entrevistas que comezamos a divulgar hoxe. Estade atentos, porque esta semana previa ao Día das Letras Galegas, cada día sairá unha. Axustámonos así ao lema das celebracións deste ano no instituto: Letras galegas, letras sen fronteiras