EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

DE SÚPETO DESCOÑECIDO. Poema de amor de Marina Boga Bello. 4º B ESO.

Ulíao, apreciábao nos seus ollos,

tristura, dor, aquela que

sen piedade e consideración,

un amado de súpeto descoñecido

lle provocou.

 

Podía voar, ela podía,

mais era forte por dous

o seu medo ás consecuencias.

 

Acoirazouno, iso fixo o seu corazón,

non tivo medo, reconstruíuno.

El seguiría latexando, por el,

por ela, e por todos aqueles corazóns,

que non o puideron facer.

 

Marina Boga Bello. 4º B ESO.