EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

dia-da-ciencia-12.30h-slider_800x150

Dia da ciencia en galego con Jorge Mira, e por videoconferencia!

O vindeiro martes 12 de novembro participamos nas actividades do IV Día da Ciencia en Galego, organizada pola Coordinadora Galega de ENDL.

  • En que consiste a actividade?

Nunha videoconferencia con Jorge Mira.

  • Quen é Jorge Mira?

É profesor e catedrático de Física Aplicada na Universidade de Santiago de Compostela.
E tamén un coñecido divulgador científico e director do Programa ConCiencia.
Tamén o coñecederes por ser un dos presentadores do programa da TVG Cifras e letras.

  • Título da videoconferencia:

Como medir tamaños e distancias da Terra, a Lúa e o Sol.

  • En que consiste?

Poucas etapas da historia amosaron un talento tan brillante como a da Grecia clásica. Jorge Mira contaranos como fixeron eses gregos para saber o tamaño do mundo que habitamos e calcular a distancia á lúa e ao sol e os seus tamaños, usando tan só o bo hábito de observar con coidado o que nos rodea.

  • Quen vai participar?

Os alumnos de 4ºESO e de 1ºBAC que estudan Física.

  •  Data e hora

Martes 12 de novembro entre as 12:30 e as 13:30.

  • Lugar:

Salón de actos do IES Manuel Murguía.