
DOLMEN DE DOMBATE, CASTRO DE BORNEIRO E CASA DE PONDAL.
5 -4-2019
O alumnado de 1º Bacharelato 4º e 3º ESO tivo a oportunidade de coñecer un dos monumentos megalíticos máis importantes da nosa terra: o Dolmen de Dombate. Tamén se aproveitou a viaxe para achegarnos ao fermoso Castro de Borneiro e á casa natal do poeta Eduardo Pondal, que neste curso é obxecto de estudo na materia de Lingua Galega e Literatura e que está relacionado vital e literariamente con estes lugares.