EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

EDDLG principal

Edés.

Desperdiciei rosas en ti,

deberías pertencer ao pasado,

desperdiciei rosas,

outro corazón machucado.

 

No meu cuarto, onde deberías estar,

enleada nas miñas sabas,

as paredes parecen gritar,

non hai dor nestes ollos marróns,

pero si un baleiro profundo,

achégate, escoita, eras o meu mundo.

 

Escoita e sente os inexorables 60 segundos,

dos cales sobran 58 se ti non estás,

e os dous sobrantes,

tempo que me sobra de observar,

as dúas xemas de augamarina,

que ao meu corazón parecen cautivar.

Daniel Baltar Almeida. 4º B ESO