EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

dsc_0374

ENTREGA DE PREMIOS DO CERTAME “Medo me dás!”

O venres 12 de novembro fixemos entrega dos premios do certame de relatos de terror Medo me dás!.

Despois dunha longa deliberarión, debido á calidade dos textos, e despois de ter en conta criterios literarios, de corrección lingüística,  orixinalidade,  etc; concluímos que o gañador debería ser o relato A visita, de Jorge Sotelo Mancebo, xa que á calidade narrativa dun texto escrito por un neno de 3º ESO se sumaba a corrección lingüística. O segundo premio acadouno Alba Figueroa Paniza co terrorífico texto O pasado sempre volve, un relato que nos achega ós contos clásicos de medo que todos escoitamos cando eramos pequenos. E o accésit recaeu no orixinal texto de Sofía Mabel Vecino Fariña Prohibida Obsesión, un relato de terror psicolóxico moi orixinal, no que se emprega con mestría un narrador en segunda persoa. Os tres son textos altamente recomendables e calquera deles podería ser o vencedor.

Tamén nos gustou moito o relato A muller de Carla Blanco García, unha alumna de segundo de ESO á que lle auguramos un bo futuro no mundo das letras.

Parabéns a tod@s e moitas grazas por participar!

dsc_0375