EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

OUFF-Ourense

Entrega de premios no Ouff Escola

Producións Fala de raio asistiu onte á entrega de premios do Ouff Escola, a sección escolar do Festival Internacional de Cine de Ourense. A gala tivo lugar no Auditorio Municipal de Ourense e alí se desprazou unha ampla representación dos alumnos que traballaron o curso pasado na elaboración de 11 curtametraxes no noso centro. Finalmente os premios non viñeron para Arteixo, pero prometemos volver outro ano para resarcirnos :D

Parabéns aos gañadores, especialmente ao IES de Cacheiras, que coa súa curta “Persoas” levou o primeiro premio da categoría xuvenil, mais tamén ao IES Ramón María Ulloa, que obtivo o segundo premio coa curta “O libro“, e ao IES Xulián Magariños, premiado co premio ao mellor guión pola curta “Non nos quitaredes os soños“.