EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

trompo-habilidades-levantalococordel

Es un virgalleiro co trompo?

Trompo, habilidadesTrompo, habilidades

Que clase de virgalladas sabes facer co trompo?

  • Atréveste co ascensor? Faille un lazo coa piola arredor do ferrón, colle a piola polos dous cabos e tira dela cara a arriba levantando o peón no aire e recolléndoo bailando na cunca da man.
  • Dás feito a serra? Baila o trompo e coloca a piola arredor del, collida cunha man polos dous cabos e pola dobrez coa outra. Axústaa o máis posible ao ferrón e levántaa no aire. Vai inclinando o cordel para que o peón se desprace polo raíl que formaches.Practica e fai fotos ou grávate. Colgarémolas da web.