EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Esta fin de semana, final do Parlamento Xove

E como sabedes, o IES Manuel Murguía clasificouse para a fase final, así que o venres agárdanos a primeira rolda desta eliminatoria: os cuartos de final.

Os participantes nesta fase final poderán debater no Parlamento de Galicia e amosar neste grande escenario as súas habilidades retóricas.

Patricia, Juanlu, Iván e Darío xa están preparados. O tema ao que se teñen que enfrontar os equipos de Bacharelato é o seguinte:

A divulgación internacional do Caso Snowden deu a coñecer que a administración Obama está a controlar teléfonos e ordenadores de cidadáns particulares a través de xigantes coma Microsoft, Google ou Facebook e isto reabriu o eterno debate sobre a estreita liña que separa a liberdade individual sobre a seguridade dun territorio. Ao mesmo tempo que a sociedade sente conmoción ante o que semella un auténtico atropelo á intimidade, cada día parece que aceptamos con maior normalidade a exposición pública de información estritamente persoal e levamos connosco dispositivos que nos teñen xeolocalizados as 24 horas do día. Por tal motivo, o debate para os equipos de Bacharelato centrará a súa atención sobre a intimidade versus a seguridade: DEBE PRIMAR A SEGURIDADE DUN PAÍS SOBRE O DEREITO Á INTIMIDADE?

Coma sempre, ata o momento mesmo do debate non saberán que postura teñen que defender. Miña nai, todo un reto!