EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0003

ESTÍBALIZ ESPINOSA NO IES MANUEL MURGUÍA.

O 2 de maio tivemos a sorte de que nos visitara a poeta Estíbaliz Espinosa, que no seu currículo xa conta con premios como o Esquío, Espiral Maior, ou recentemente, o premio Afundación.

Falamos dunha escritora que conxuga á perfección literatura e ciencia, como o demostra nalgunhas das súas obras:  número e, Zoommm ou  Curiosidade; por citar algún título da súa importante produción poética.

A conferencia xirou arredor do mundo da ciencia, a astronomía e sobre todo da relevancia de grandes mulleres, aínda hoxe esquecidas, no ámbito científico.

O alumnado de 1º Bacharelato puido así achegarse a un mundo onde os números e as letras se conxugan de maneira maxistral, da man desta excelente autora.

Moitas grazas, Estíbaliz.

Agardamos que vos gustara!

DSC_0036DSC_0012DSC_0015DSC_0004DSC_0021DSC_0020DSC_0014DSC_0032

DSC_0003