
EXPOSICIÓN “GALICIA, UN RELATO NO MUNDO” E MUSEO DO POBO GALEGO
28-01-2020 e 11-02-2020.
Estes últimas semanas viaxamos ata Santiago de Compostela, con alumnado de 1º Bacharelato e 3º ESO, para visitar a excepcional exposición Galicia, un relato no mundo. Alí puidemos ver impresionantes mostras da cultura universal, que dun ou doutro xeito teñen relación coa nosa terra. Entre as pezas que contemplamos estaban: Santa de Asorey, o Cancioneiro da Biblioteca Vaticana, o Libro das Invasións, o Intinerario de Exeria, o Mapa Sawley, dous Codex Calixtinus iluminados, ou a fantástica Biblia Kennicott.
Trátase dunha exposición magnífica, que se pode visitar incluso en varios días para tirarlle un maior aproveitamento.
Previamente achegámonos ó Museo do Pobo Galego e ó Panteón de Galegos Ilustres. Nestes lugares puidemos renderlles homenaxe a figuras alí soterradas como Castelao, Rosalía de Castro, Asorey, Ramón Cabanillas, Alfredo Brañas, ou Domingo Fontán.
Pensamos que foi unha viaxe moi ben aproveitada e agardamos que ó alumnado lle sirva para coñecer e aprezar, aínda máis, a nosa cultura.
Parabéns a toda a rapazada polo excepcional comportamento ó longo de toda a xornada!!