EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

DSC_0275

EXPOSICIÓN SOBRE ROSALÍA DE CASTRO.

Durante as últimas semanas, nos corredores do segundo andar, o alumnado tivo a oportunidade de traballar cunha magnífica exposición sobre Rosalía de Castro, que nos facilitou, de maneira totalmente desinteresada, a Fundación Casa Museo Manuel María de Outeiro de Rei.

A vida, a obra e curiosidades sobre esta excepcional escritora,  estiveron ó alcance de todo o alumnado, persoal docente e non docente do noso instituto.

Damos dende aquí as grazas aos empregados da Casa Museo Manuel María, pola súa eficiencia e por resolvernos os problemas de transporte que conleva unha exposición desta magnitude.

Grazas tamén ao alumnado por respectar e coidar os paneis durante estes días.

DSC_0275