EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

Captura de pantalla (5)

FASE FINAL DO TÍRALLE DA LINGUA

O día 28 de novembro tivo lugar no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela a fase decisiva do TÍRALLE DA LINGUA. Trátase dun concurso de relatos orais para escolares no que levamos participando varios anos, e incluso en varias edicións fomos galardoados con algún premio. Este ano non puido ser, pero as nosas actrices fixeron un papel moi digno, nun certame que se caracterizou pola alta participación e a calidade dos contos.

Queremos agradecer ó alumnado participante, ós compañeiros e compañeiras que os animaron, á organización e ó profesorado que os acompañou a Compostela.

O ano que vén volveremos para tentar traer connosco algún premio.

Parabéns a tod@s!!!

Captura de pantalla (5)Captura de pantalla (4)Captura de pantalla (3)