EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

cgai-hector rodriguez presenta low costo

Héctor Rodríguez presenta Low Costo no CGAI da Coruña

junio 27, 2015 by ACTIVIDADES, CINE, CINEOI, FALA TV No Comments

O alumno de 1º BAC Héctor Rodríguez foi convidado este sábado 27 de xuño a presentar a súa curta Low costo nunha xornada especial no CGAI, o Centro Galego de Artes da Imaxe da Coruña.

Nela emitíronse as curtametraxes gañadoras na pasada edición 2015 de CinEOI Coruña Curtas e os seus autores puideron explicar a súa experiencia e os seus proxectos no mundo do audiovisual.