EDL do IES MANUEL MURGUÍA - Contáctanos

0 superacion, resistencia

I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’

Moitas son as persoas que teñen que enfrontarse acotío a infinitas complicacións e dificultades, unhas físicas, outras sociais.

O vindeiro martes no IES Manuel Murguía poderemos asistir ao I Congreso escolar ‘Superación e resistencia’, no que serán os propios alumnos do instituto os que nos falarán de varias persoas que conseguiron superarse a si mesmas pese a todas as barreiras e acadar grandes logros persoais, e tamén outras historias e proxectos sociais que axudan a cambiar o mundo un pouco a mellor.

Os grupos da ESO de 1º A, 1º A ámbitos, 3º B, 3º C, 3º D, 3º E, 4º B e 4º E presentarannos as historias humanas de Hellen Keller e Anne Sullivan, de Daniel Stix, de Pedro García Aguado (Hermano mayor) ou do noso veciño Iván Montero, casos emblemáticos de superación persoal, e as de Mandela, Malala, Shadi Sadr, Pucho Boedo ou Darwin, paradigmas da resistencia social contra a opresión racial, sexual, lingüística ou relixiosa. Tamén nos presentarán varios proxectos de circo social que axudan a construír a paz, a alegría e o benestar en lugares conflitivos do planeta.